La nasa-butrón de la lamprea.

Los pescadores de lamprea desde embarcación utilizan la nasa-butrón, que calan en el fondo del río. Son unos aparejos de forma cilíndrica de dos o tres metros de longitud y una sola boca. La entrada tiene una abertura de unos 50 centímetros, y a partir de ahí la red se estrecha poco a poco a medida que la lamprea avanza hacia el extremo contrario.

FARO DE VIGO, 01/02/10

Un valgués revoluciona a física cun traballo sobre a magnetorresistencia.

Alpi

Alberto Piñeiro Rodríguez, nacido en Campaña (Valga) hai 25 anos, acaba de facer historia ó gañar o premio David Prize ó mellor póster de teoría presentado de xeito individual no congreso Trends in NanoTechnology 2009, celebrado en Barcelona, con carácter internacional. Os outros premios foron parar a franceses, canadianos, alemáns, holandeses, fineses e españois.
«O traballo plo que me deron o premio está baseado en resolver o cuarto problema físico máis importante da década segundo a American Physical Society (APS), que é o da separación das fases nuns materiais denominados manganitas, e que consiste en entender como xorden certas fases magnéticas e eléctricas ordeadas observando o cambia do dopado preto dun punto crítico ben determinado experimentalmente» explica dende a Facultade de Física de Santiago. Nestre centro licenciouse en 2006 e nel está elaborando a tese de doutoramento, que prevé rematar dentro de ano e medio. Así mesmo, traballa como investigador da USC no equipo do profesor Daniel Baldomir, que «ten una calidade humana e científica moi elevada».
Aínda que ó comun dos mortais a descrición dos traballos que lle dou o premio les sone a chinés, Alberto Piñeiro explica que «ademais de axudar á optimización da tecnoloxía das baterías dos teléfonos portátiles (entre outros aparellos electrónicos) para almacenar a enerxía coa que surten o dispositivo, farase posible un salto cualitativo nas memorias dos ordenadores portátiles, que tamén son magnéticas». Noutras palabras, «esta tecnoloxía pode rachar coa sociedade»
A propiedade física que está detrás diso coñécese como magnetorresistencia e tamén pode servir nun futuro para «detectar campos magnéticos moi pequenos como a posición dun vehículo» e tamén explica o fenómeno da conductividade, presente en trens magnéticos que levitan sobre os raís e dos que xa se construíron prototipos en Alemaña e Xapón.
Alberto Piñeiro séntese «moi contento» de lograr o David Prize e confesa que, cando o xurado empexou a dicir o nome do seu traballo, non o cría. «? principio pensei que era un erro, pero logo a satisfaciión foi tremenda. Cando se recoñece o traballo séntese inmensamente feliz».

DIARIO DE PONTEVEDRA, 16/09/09