Bandeira en Pontecesures

Tiña o compromiso co alcalde de Pontecesures de ler o pregón da festa da lamprea, e alá fun. Tratáronme moi ben e vin no salón de plenos unha curiosa bandeira galega de seda natural. Curiosa porque a franxa azul baixa de dereita a esquerda e no centro ten o escudo municipal bordeado cun letreiro que di: “Los cesureños de La Habana a la Liga de los Amigos del Carmen”. Souben logo que a trouxera de Cuba Xosé Llerena, presidente da Sociedade de Pontecesures, en 1912, e que fora solemnemente “despedida” no Parque da Fraternidade da Habana por un numeroso grupo de asociados. Nin ben chegou a destino foi bendicida por un frade carmelita con padrinos e todo. ? longo do século pasado e no que vai do actual esta bandeira vén presidindo as procesións anuais do Carme, escoltada por doce mariñeiros cos remos ó lombo.
(máis…)

III Festa da Castaña do CPI Pontecesures.

MagostoO venres día 10 de novembro, celébrase no patio cuberto do CPI Pontecesures a festa de referencia co seguinte horario:

19 horas. SHOW DOS PALLASOS.
20 horas. M?SICA TRADICIONAL.
21 horas. MAGOSTO.
22 horas. SESI?N DISCO.

Están a venda, ao prezo de 5 ?, os tickets para asistir á Festa con dereito a degustar dunha ración de empanada, un boliño preñado, un refresco e un cartucho de castañas.
Colaboran coa festa O Show dos Pallasos (o grupo de Elías), o concello de Pontecesures, Protección Civil de Pontecesures, o grupo Xarandeira, o grupo Algueirada da ANPA, e a Panadería Basadre.
Os beneficios irán destinados á viaxe de fin de curso de 4º de ESO.

O Día da Bandeira

Por María Segunda Llerena

Moitas veces os humanos necesitamos amosar públicamente que descendemos dunhas persoas das que nos podemos sentir orgullosos por formar parte da nosa historia persoal e colectiva e que temos unhas raíces. ? por todo eso que quixera expresar a través destas poucas liñas o simbolismo desta bandeira, cousa que eu non chegaba a entender de todo debido á miña curta idade, pero que co paso dos anos sei valorar doutro xeito. E agora, que estamos a piques de que se cumpran os cincuenta anos da publicación do artigo xornalístico que dá pé a este relato, é polo que eu me decidín a contar o que ven a continuación.

(máis…)