Fotos de Pablo Barreiro e o seu remolque…

Todo un artista o neno de Porto Pablo Barreiro… Vexan no que transformou un vello remolque, contando para elo ca axuda do seu abó “Manolo Picafolla”.

 

 
Xunto co seu primo Christian animaronse a participar na pasada edición da festa da bicicleta de Pontecesures co remolque enganchado a unha bici, sendo un dos vehículos mais orixinais… Se ata ten equipo de “alta fidelidade” e reproductor de CDs. Ademais de luces de varias cores. ¡Menuda discoteca podes montar, Pablo! 😉

Adicado a Pablo Barreiro, quen lle quere dar as gracias ó seu primo Cristian por levalo a participar á Festa da Bicicleta.

Xuntanza da Comisión de Festas de Porto

Como cada ano a finais de setembro os membros da comision de festas de Porto, e colaboradores, reuníronse en casa de Mon “Picafolla” para, sentados arredor da mesa, celebrar o éxito das pasadas festas, empezar a estudiar orzamentos para contratar as próximas do ano 2007, e ver que membros an de formar parte da comision do seguinte ano.

O menu foron uns bichos de patas, e un pouco de carne preparada polo chef Manolo “o alcalde” (nestes tempos separatistas, aspira a ser o primeiro alcalde que teña o concello de Porto…). Excelente a comida, cuñaooooo!!!

Ademais este ano a Comision celebrou e brindou polos 25 anos consecutivos de festas de Porto, que empezaron sendo unha pequena verbena dun día e hoxe son o que son… ¡Feliz 25 aniversario e por outros 25 anos mais, polo menos!

Logo dos postres amenizounos a velada o xefe do “clan dos picas (de Porto)” Sr. Manolo quen nos demostrou que segue tendo a garganta afinada e a punto para cantar dende a “rianxeira” ata o “miudiño miudiño”. Parece un rapaz de vinte anos…

(aqui está un man a man entre o sr. Manole e Xoan o Raxado. Se nos puxo a “pel de galiña”…) 

Pero tamén houbo quen se instalou comodamente e disfrutou ó seu xeito da festa, coma se estivese no salón da casa…

Por último, trasladar as gracias a todos os veciños de Pontecesures, empresas colaboradoras, institucións públicas, asociacións que colaboran connosco , e a todos aqueles que acuden a Porto nos días das festas con gañas de pasalo ben… e pedir disculpas polos detalles organizativos que poideros sair mal este ano. A todos gracias!

A Comision de Porto 2006

Fotos da Boda de Raquel e Felipe (últimas)

Poño unhas poucas fotos mais adicadas a esta parella de recen casados que deben estar de viaxe…

Foto familiar 

 O tradicional “corte” da tarta nupcial…

 O inicio do baile…

 

Todo un persoeiro este PRESI…

 Abrazo de irmáns con brindis incluido… 😉

e bailando…

Recibindo presentes tradicionais dos Pirineos…

O dito, boa viaxe e ata que nos vexamos!

Fotos dun casamento (1ª Parte)

Bueno, coma contaba o outro día, casou Felipe Miguéns (Fli), o de Porto.

Imos poñer algúnha foto do casamento, e desexarlle boa viaxe os noivos…

Chegada da noiva á Igrexa

Momento central do casamento, ca posta das alianzas…

 Os noivos cos seus respectivos pais…

Os de Cesures dando a “talla”, (sobre todo Gustavo) 

Desayuno de campeóns (menudos 4 elementos)

Cumpreanos feliz………….. 

Gustavo rodeado de “culebras”…

Bueno, pois eso… saudos á nova parella, que sexan felices e tal e cual..

Mañá casa Felipe Miguéns Gasamanes “Fli”

Quen o ia decir! Imos caendo coma moscas… mañán tocalle o turno a Felipe, o irmán de Gustavo e os xemelos de Porto.

O tema é que veu casar á montaña…, pero á montaña de verdade. OS PIRINEOS.

Resulta que botou moza (a guapa Raquel) un vran e a rapaza ten familia na recta de Campaña, pero os pais residen en Pont de Suert, pobo de 2000 hab. da provincia de Huesca, cerquiña de Andorra, enmedio da nada (ou do monte).

E ata aqui nos trasladamos os irmán, seu primo Yel Barreiro (O PRESI) e este menda. Onte á noite tivemos unha “despedida” no único bar que estaba aberto, e resulta que, logo, había DISCOTECA… a que se montou!!! Inda que o crack foi coma non o PRESI, que non parou en toda a noite. E esta promete, pois chegaron as amigas da noiva e imos quedar de novo pra “tomar algo” que mañán hai que poñerse guapos e acompañar a Felipe no seu casamento.

Sorte ós 2, Raquel e Felipe. 

Pronto poñerei fotos…