Pousa Antelo, galeguista.

Con Avelino Pousa Antelo, finado o pasado luns no seu Teo de querencia e adopción, o País perde un referente sobranceiro dese corpus que baixo o xenérico nome de galeguismo abrangue, ben que de moitos modos e mesmo intensidades, unha identidade común, unha pertenza individual e singular a un todo que da razón e sentimento ao que somos como pobo. Galicia.

Si, co poeta, Galicia é isto que vai en nós que nos leva, camino aberto nos sulcos, os que axudou a desbrozar na súa longa andaina vital o mestre da Baña, Lucho do Peto, que habería de ser tamén seu primeiro pseudónimo, abofé que foron relevantes para acreditar nas potencialidades da terra, na súa máis prosaica e nutricia realidade. Defensor do cooperativismo e agrarista convencido, Pousa Antelo levou por vilas e aldeas a palabra certa do seu maxisterio entre paisanos labregos e ainda mestres ensinándolles a respetala e coidala.

Tamén a súa militancia política habería de principiar ben cedo, na súa mocidade, logo de escoitar a Castelao no teatro Principal santiagués quen, no seu decir, o deixou vinculado para sempre á causa do galeguismo. Unha pertenza alimentada durante a República polas amistades e referenres doutros homes sobranceiros e que se foi reafirmando co andar do tempo para, xa na vellez, presidir algunhas das asociación que son sentimento vivo desa vocación galeguista.

E se tanto dende o maxisterio como dende a empresa, todo o seu facer profesional se mediu sempre en clave de servizo, do mesmo xeito toda a súa peripecia vital non é senón continuada testemuña de compromiso con ese pobo buscando sempre a adecuación ó momento e ó que os tempos demandaban. Mesmo rachando as aillantes barreiras ideolóxicas.

Foise en datas para él moi queridas por serviren para lembrar a quen foi un símbolo e un amigo, Anxel Casal. Haberá que disculparlle, xa que logo, a ausencia no Montouto, porque nesta ocasión o abrazou quíxollo dar en persoa sumándose a esa Santa Campaña inmortal na que procesionan todos os bos e xenerosos. Descanse en paz.

Por Juan Salgado
TIERRAS DE SANTIAGO, 21/08/12

¿Sigue adelante la fusión de ayuntamientos?.

En su día se presentó como una de las mejores soluciones para ahorrar costes ante la crisis, pero los problemas para consumarse la de Oza dos Ríos y Cesuras demuestra que en la práctica no es una vía muy realista. Si estos ayuntamientos, con poco más de 5.000 habitantes entre los dos, no se dan puesto de acuerdo, ¿cuánto tardarían en hacerlo concellos de mayor complejidad?.

Sección «Que din os rumorosos». EL CORREO GALLEGO, 19/08/12

De Rosalía ao Apóstolo Santiago.

Dous símbolos, cultural e relixioso-xacobeo, cos que os padroneses nos sentimos unidos e completamente identificados. Os actos culturais se prodigaron na capital do Sar . O 127 aniversario do pasamento de Rosalía tivo na casa da Matanza un éxito extraordinario, que mereciu as felicitacións para o novo Presidente da Fundación, Anxo Angueira. E non deixou tampouco de celebrar tal efeméride rosaliana, a S. Cultural Padronesa que preside o xoven Isidoro Sanmartín coa presentación do libro de Francisco Rodríguez, Rosalía extranxeira na sua patria.

Por outra parte, a falta iste ano da Feira Medieval, Fernando Castaño nos ofrece na sa do Scala de Pazos, unha mostra das suas esculturas en madeira, axeitadas con ramilletes de poesías propias do autor. Actos culturais que terán continuación o día 28 cunha festa poética na Pesqueira de Asados en homenaxe ao poeta do mar Manuel Antonio .

Ningun prólogo mellor ante as festas patronais do Apóstolo Santiago que oxe mesmo polo serán nos ofrecerán a tradicional carreira de burros e seguirá mañá coas solemnidades no templo parroquial de Santiago e na ermida do Santiaguiño do Monte, onde por outra parte se celebrará a romaría enxebre con sardiñada gratuita. En procesión, subirá e regresará do Monte o Parrandeiro, e numerosos grupos de gaiteiros, animarán ruas e no Santiaguiño do Monte como de costume durante as comidas campestres.

Festexos do Santiaguiño do Monte, recoñecidos de interese cultural e que no ano 1889 o Cardenal Martin Herrera inaugurou con extraordinario éxito, seguen a unir a tantos romeiros e peregrinacións que acuden a Padrón, cuna do Xacobeo, para deterse a abrazar o Pedrón ,antes, ou despois do Camiño de Santiago.

José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 24/07/12

Adeus querido Pepe.

 

Con tristura recibo a nova da morte de Pepe «O Lebre» e veñen a miña lembranza bastantes momentos amenos que pasamos xuntos. Era Pepe moi faladoriño e ainda que tratabamos moitos temas, sempre rematabamos falando de política, sen dúbida, o tema favorito deste histórico miltante socialista cesureño. Contaba divertidas anécdotas e asuntos importantes relacionados coa súa militancia na clandestinidade, coa transición, coa historia da vida municipal, cos plenos do concello, cos temas de actualidade sobre todo cando se achegaban procesos electorais xerais, autonómicos ou locais, e con outras cuestións políticas. Tiña uns ideais Pepe que non abandoaba, non o achantaba ninguén e incluso todos percibíamos como nalgunha tertulia cando alguén lle decía aquilo de «Cala, Pepe», el creciase e facíase escoitar se cadra máis.

Para min foi unha honra que este home de ben, honrado e que decía as cousas á cara sen agocharse, crera en min e no noso proxecto dando a cara nos momentos difíciles da miña traxectoria política. Aguantou a crítica con toda a enteireza do mundo e iso tereino en conta sempre na miña vida. Vaia dende aquí a miña lembranza máis agarimosa para Pepe e o máis sentido pésame á familia. Descansa en paz, valente amigo.

Luis Ángel Sabariz Rolán

(In)competencias.

Casi se podrían justificar las continuas marchas adelante y marchas atrás del Gobierno sobre la reorganización de las administraciones. Hay tantas, que parecen pecados veniales las continuas meteduras de pata, aunque esas meteduras de pata no hagan otra cosa que iluminarnos: hay más administraciones que oenegés, más políticos que médicos, muchísimos más que investigadores. Un día nos despertamos fusionados y al día siguiente mancomunados. Solo horas después estamos diputacioneados, a los quince minutos somos ozarrienses, justo un instante antes de pasar a ser cesureños. Finalmente, nos convierten en ozasureños… Lo tienen tan fácil, fusionando concellos por decreto, suprimiendo diputaciones, que no saben cómo hacerlo. O, peor, es tan sencillo hacerlo bien que se empeñan en hacerlo rematadamente mal. Así, el plan de hoy es que los organismos provinciales asuman las competencias de los ayuntamientos torpes. La política es como una ecuación fallida: cediéndosela a las diputaciones, quieren elevar la gestión de las cosas a la máxima incompetencia.

Por Laureano López
LA VOZ DE GALICIA, 11/07/12