Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Esquelas

Adeus querido Pepe.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

 

Con tristura recibo a nova da morte de Pepe “O Lebre” e veñen a miña lembranza bastantes momentos amenos que pasamos xuntos. Era Pepe moi faladoriño e ainda que tratabamos moitos temas, sempre rematabamos falando de política, sen dúbida, o tema favorito deste histórico miltante socialista cesureño. Contaba divertidas anécdotas e asuntos importantes relacionados coa súa militancia na clandestinidade, coa transición, coa historia da vida municipal, cos plenos do concello, cos temas de actualidade sobre todo cando se achegaban procesos electorais xerais, autonómicos ou locais, e con outras cuestións políticas. Tiña uns ideais Pepe que non abandoaba, non o achantaba ninguén e incluso todos percibíamos como nalgunha tertulia cando alguén lle decía aquilo de “Cala, Pepe”, el creciase e facíase escoitar se cadra máis.

Para min foi unha honra que este home de ben, honrado e que decía as cousas á cara sen agocharse, crera en min e no noso proxecto dando a cara nos momentos difíciles da miña traxectoria política. Aguantou a crítica con toda a enteireza do mundo e iso tereino en conta sempre na miña vida. Vaia dende aquí a miña lembranza máis agarimosa para Pepe e o máis sentido pésame á familia. Descansa en paz, valente amigo.

Luis Ángel Sabariz Rolán

Máis sobre isto

1 comentario

  1. Becquer II

    Hombre de buen corazón
    a menudo incomprendido
    en un pueblo dividido
    con más odio que razón.

    Nunca vivió del pesebre
    como tanto socialista
    ni tampoco fue arribista
    ¡Hasta siempre!, Pepe Lebre.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.