«Visite Galicia»: así se vendía Pontecesures para o turismo fai case un século

Fai case un século, Pontecesures xa aparecía na promoción turística de Galicia: entre 1929 e 1935, a serie «Visite Galicia» —pequenas viñetas fotográficas impresas en Bilbao— dedicoulle unha a «Puente Cesures», unha vista da vila coa ponte sobre o Ulla que hoxe se conserva na Biblioteca Tomás Navarro Tomás (CCHS-CSIC).
Trátase dunha viñeta de apenas 5,2 x 4 centímetros, en cor sepia, con orla decorativa de motivos florais e os rótulos «VISITE GALICIA» na parte superior e «Puente Cesures» na inferior. A imaxe amosa a ponte sobre o río Ulla e as casas da vila vistas desde un outeiro arborado: a nosa tarxeta de presentación de entón para quen nos visitase.
O autor asinaba como Luis Ksado, pseudónimo de Luis Casado Fernández (1888-1972), fotógrafo e editor que fixou imaxes de Galicia a comezos do século XX; xa dedicáronlle unha exposición fotográfica no Convento do Carme de Padrón.
É un testemuño singular de como se «vendía» Pontecesures para o turismo fai case un século: a ponte —hoxe emblema da vila e do propio nome do municipio— era entón a imaxe que convidaba a visitarnos.
Fuente: Biblioteca Tomás Navarro Tomás (CCHS-CSIC), rexistro permanente da ficha. A copia digital distribúese baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional, citando a biblioteca de procedencia.