Olimpismo padrónes.

O reto de Pekín lévanos a deslumbrar uns loureiros que entroncan de súpeto co mundo olímpico que entra en territorio da lenda local. Ca venia de Confuncio, no se trata dun conto chinés. Dous senlleiros deportistas, pequenos deuses do Olimpo na terra de Rosalía e Cela. Artellar un decorado cos piveteiros de México (1968) e Sidney (2000) resulta gratificante, cando o par de protagonistas e figurantes teñen o seu berce familiar no municipio, arredor de Extramundi e de Iria Flavia.

Con idiosincrasia antagónica, pola idade, sexo, modalidade, teñen unha enriquecedora traxectoria de éxitos transformadas en vitorias. O mundo xeórxico dos pedais e tubulares mergullou no mítico club Ciclista Padronés, onde aflorou José Angueira, cunha primeira bicicleta feita pola sabia man do mecánico Julio Angueira O Saleiro, que alternaba coa da marca Macario. Un ciclista sobranceiro, con máis dun centenar de probas gañadas a nivel doméstico, nacional e estranxeiro. Campión de España de pista, de Galicia en fondo, presente no Tour do Porvenir, etapas nas voltas a Palencia, Cantabria, Lleida; con Rafa Carrasco estivo no Picadero-Damm de Mataró xunto a Miró, Suñol e Medina; en Galicia, con Liñeiras, Barros e Carballo.

Douto lado unha nadadora que por cousas do azar naceu ??o pai era funcionario de ensino?? na poboación murciana de Molina de Segura. Paula Carballido xogou entre as augas da Manga do Mar Menor e os ríos Sar e Lérez. Recordman de España en 400 libres, presenza nos europeos de Istambul e Helsinqui; Mundiais, Universíadas, e varios campionatos galegos. Ámbolos dous santo e sinal do dream team da comunidade galega, que a través de estradas, velódromos e piscinas puxeron o listón moi preto do mesmo Martín Bahamonde e Lerrija Latymna. Co peculiar modestia que amosan, desmitificaron a súa presenza nestes universais eventos.

O reto de Pekín lévanos a deslumbrar uns loureiros que entroncan de súpeto co mundo olímpico que entra en territorio da lenda local. Ca venia de Confuncio, no se trata dun conto chinés. Dous senlleiros deportistas, pequenos deuses do Olimpo na terra de Rosalía e Cela. Artellar un decorado cos piveteiros de México (1968) e Sidney (2000) resulta gratificante, cando o par de protagonistas e figurantes teñen o seu berce familiar no municipio, arredor de Extramundi e de Iria Flavia.

Columna «Dende o Espolón» de Masito Beiró, pintor e escultor.
TIERRAS DE SANTIAGO, 26/08/08

A loita polo tren

A loita polo tren de proximidades tampouco «para» na estación de Portas e á mesma súmanse Cesures, Catoira, Vilagarcía e Padrón. En máis dun comentario xa temos manifestado que so sería coa unión de todos os concellos coas súas bisbarras respectivas afectadas pola pretendida supresión do «noso» tren, a maneira de facer forza.

Non era suficiente coas máis que xustas protestas dos veciños de Portas coa súa plataforma «salva o tren» ao fronte como se está a ver.Por eso tamén en Vilagarcía xa hai grupos que levantaron a voz pedindo a aquel Concello que neste senso adopte unha postura eficaz. E tamén en Catoira se mostra inquedanza entre os veciños. O mesmo que en Pontecesures e Padrón. Xa é sabido aquel dito de que «cando as barbas do teu veciño vexas cortar, etc.. Pero había que esperar tanto para darse conta da necesidade de unir forzas nesta loita que con tanto entusiasmo e paixón comezou a plataforma «salva o tren»?

Desde o comezo da campaña , sempre insistimos no interese en común que debía prevalecer en todas as localidades do percorrido. Sen localismos nen diferencias de clase ningunha, fixando coma único protagonista o tren. Ese tren de proximidade que se fai cada vez máis indispensable en tan poboada e ampla zona .

E ben, esperemos que omenos agora se cumpra o de «máis vale tarde que nunca».

José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 18/08/08

Salvar o tren.

Carta de José Ramiro Paz Tarrío, veciño de Catoira, no «DIARIO DE AROUSA». 16/08/08

Diante da intención do Ministerio de Fomento de sumprimir a actual vía férrea naqueles tramos que non coincidan co novo trazado do Tren de Alta Velocidade (TAV), deixando sen servizo ferroviario a moitos pobos (Portas, Catoira, Pontecesures, Padrón…), un grupo de persoas estamos tentando crear un novo colectivo de apoio á Plataforma ??Salva o Tren?, para a defensa do mantemento e mellora das vías actuais, como primeiro paso dunha demanda máis ampla e de futuro como é a construción dun verdadeiro tren de proximidade que una e vertebre Galiza e a dote dun servizo economicamente asequible e ambientalmente sostible. Un tren do pobo que dea servizo interno ás dúas grandes área metropolitanas que se están a conformar (Vigo-Pontevedra-Morrazo-O Salnés e A Coruña-Ferrol-Santiago-Carballo) e tamén as una entre si.

Nunha época de profunda crise económica e enerxética, na que tanto o prezo do petróleo como das materias primas se dispara; cun crecemento exponencial do parque de vehículos e das conseguintes vías de comunicación, nunca suficientes; nun tempo de dificultades para circular e aparcar, e de numerosos e tráxicos accidentes coas consecuencias xa por todos coñecidas, este grupo estima que non se pode permitir que desmantelen unhas vías e nos deixen sen un medio de transporte colectivo, público, non contaminante e comparativamente máis barato.

Nós non estamos en contra do TAV, pero estamos a favor de que se conserven as actuais vías, así como de que se tomen medidas que favorezan o seu uso por parte das persoas dos pobos por onde discurren (máis estacións, mellores conexións, servizos máis frecuentes, fidelización dos usuarios mediante sistemas de bonos e de billete único, aparcamentos gratuitos nas estacións…).

As accións que este grupo de catoirenses está a levar a cabo son as seguintes:

1) Informar e implicar á cidadanía na defensa e mellora deste medio.

2) Posta en práctica dunha campaña de recollida de sinaturas (xa levamos recollidas máis de mil).

3) Creación dun novo colectivo de apoio á Plataforma ??Salva o Tren? de Portas, cos que nos solidarizamos.

4) Facer chegar ás distintas institucións e formacións políticas esta demanda.

O tren é necesario para Catoira.

Artículo en «DIARIO DE AROUSA» de Nando Casal, Voceiro do BNG en Catoira publicado o 14/08/08.

A razón desta carta, é dar a miña opinión sobre o mantemento do servizo de tren no Baixo Ulla; opinión que coincide coa de moitos veciños e veciñas de Catoira, posto que xa temos recollidas máis de mil sinaturas na defensa do tren de proximidade.

Hai máis de 130 anos que Catoira e outras vilas do Baixo Ulla veñen disfrutando dun servizo público ferroviario. Agora, coa chegada da alta velocidade do ??Eixo Atlántico?, parece que en vez de mellorar ese servizo ,o que vai ocorrer, se entre todos non o evitamos, é que imos perder o tren.

Mentras que en Europa, dende hai moitos anos, se ven potenciando o servizo de tren, no estado español menospreciouse o transporte ferroviario. Agora, os nosos gobernantes queren recuperar o tempo perdído, centrándose na alta velocidade. No que atinxe a Galiza, o ??Eixo Atlántico? é a conexión coa meseta. Pero en vez de potenciar en paralelo os servizos de proximidade, como sería lóxico, non só non se potencian, senón que se pretenden desmantelar os poucos que hai, aducindo que non son rendibles economicamente e privando deste xeito a moitos cidadáns dun servizo público imprescindible nos tempos que veñen.

O encarecemento dos combustibles, o acceso ao consumo dos mesmos de países emerxentes, que aumentarán moito a súa demanda, fan pensar que o prezo dos carburantes non vai voltar aos niveis de hai uns anos, polo que temos que ir tomando concencia de que non imos poder utilizar tan ??alegremente? o coche particular. Teremos entón que demandar a posta en servizo de transportes colectivos públicos e asequibles ­autobuses urbanos, interurbanos e, fundamentalmente, o tren­.

Nestes intres, de Catoira a Santiago en tren tárdase en chegar trinta minutos, o mesmo que se vas en coche pola autopista, resultando a viaxe en tren máis económica, máis segura, máis cómoda e menos contaminante co medio ambiente. Se non utilizamos máis o tren, é porque as frecuencias son inadecuadas e tamén, porque desde as administracións públicas non se fomenta o uso deste servizo.

Para Catoira é fundamental o mantemento da actual vía. Se a levantan, quedaremonos sen servizo de tren, xa que o da Alta Velocidade non contempla, nin é posible, que faga unha parada na nosa vila. Tanto eu coma varios compañeiros do BNG de Catoira, apoiamos á plataforma ??Salva o Tren?, que ten como obxectivo prioritario manter o tren de proximidade. Perder ese tren sería perder o tren da historia e un retroceso para o noso desenvolvemento.

Parece lóxico pensar que dentro de pouco tempo a Xunta asuma as competencias dos servizos ferroviarios no noso país, como está ocorrendo noutras zonas do estado, polo que levantar as actuais vías sería un contrasentido.

Penso que os responsables políticos que representamos nos concellos á nosa veciñanza, debemos buscar o mellor para o noso pobo, pero tamén temos que pensar en clave de país. Somos moitas as persoas que pensamos que unha das mellores maneiras de achegar unhas vilas a outras, de ir vertebrando o territorio, é abrindo novos camiños de ferro e, por suposto, non desmantelar os existentes, máis ben potencialos, coordinalos coas liñas dos buses, dando bos servizos e fomentando desde as administracións o uso do transporte público.

Quero mostrar a miña solidariedade co pobo de Portas, que xa está a padecer a supresión dese servizo, e animalos a continuar na súa loita. Tamén quero agradecer a todas as persoas de Catoira e bisbarra que asinaron o manifesto en defenda do tren de proximidade. Entre todos e todas conseguiremos que Catoira e a nosa comarca non perdan o tren.

Los políticos no entienden del tren porque no lo usan.

Los políticos no entienden del tren porque no lo usan
Leo con asombro lo que sucede con el tren y por mucho que me esfuerzo no lo entiendo. Llega la alta velocidad y las localidades más pequeñas se quedan sin servicio de tren. ¡Y aún habrá quien diga que esto es progreso! Me parece lamentable que a los políticos se les llene la boca diciendo que miran el bien del ciudadano y después te encuentres con actuaciones como esta. Quizá lo que buscan es que las ciudades tengan cada vez más habitantes y que las zonas más rurales acaben despobladas. O intentan que la playa de Vilagarcía esté menos concurrida. Quién sabe lo que quieren. Lo que sí está claro es que no entienden de las necesidades de las minorías. Su lucha está en buscar el voto fácil con decisiones que benefician a mucha gente. Los demás no contamos. ¿Es tan complicado habilitar un tren de cercanías para unir Compostela con Vilagarcía o es que ese tipo de transporte está reservado sólo para Madrid o Barcelona? Desde el Ministerio de Fomento ya pueden decir lo que quieran y echar mano de las justificaciones más rebuscadas, pero una cosa está clara: a los gallegos nos tratan como a ciudadanos de tercera, aunque Touriño diga que estamos a lomos de la modernidad. Claro que ni la ministra ni Touriño viajan en tren ni tienen pensado hacerlo.

Pedro Martínez (Pontecesures)
TIERRAS DE SANTIAGO, 12/08/08

Situación anómala en la piscina de Padrón.

Desde comezo do actual mes de agosto, as queixas e protestas dos usuarios que acoden a piscina municipal ,¿climatizada?, se suceden día tras día a causa do estado da auga demasiado fría.

Nembargantes, o persoal que atende os servicios na mencionada piscina padronesa non da máis resposta de que seguen as normas da empresa e aí queda todo, mentres as críticas extensivas ao Concello padronés seguen en aumento especialmente do sector das persoas maiores, moitas das cales acoden a facer natación por prescrición médica a causa de problemas de espalda e outros.

Os comentarios xiran en torno a idea de que, como estamos no verán, se pretende economizar consumo para manter a auga en condicións adecuadas, mais a cuestión é que a anómala situación está plantexando a algúns usuarios darse de baixa e desprazarse a algunha piscina de outra localidade cercana.

O cal non deixaría de ser un trastorno que os usuarios que satisfacen unha cuota, moitos deles durante todo o ano, non deberían ter que sufrir, polo que se espera que a empresa solucione o problema para ben de todos.

Carta ao Director de «TIERRAS DE SANTIAGO» de José Castro Cajaraville. 12/08/08