Unha das poucas tascas ou tabernas que quedaba das que en Padrón formaban historia, un dos clásicos, e que agora tamén pasou ao «baúl dos recordos padroneses», dende que co final do ano 2011 botou o peche. Delo xa se falou moito, aínda que non todo. Debíalle a miña despedida a O Purgatorio. Primeiro, Ricardo Mata no 1956 e dous anos despois seu cuñado Bernardo Vaamonde Nardo, ou Chico para os santiagueses , home afable, conversador ameno que solía simpatizar cos clientes.
Estivo ao pé do cañón ata os seus últimos días. Sucedéronlle a súa viúva señora Lola e a filla Ramonita, asemade caracterizadas polas excepcionais atencións cos clientes.
Aparte do pulpo, e as tazas do Ribeiro, de consumo propio neste tipo de tabernas, eu quero, como asiduo a mesma, lembrar os excepcionais pinchos de patatas fritas que preparaba Ramonita e que todos degustabamos como tapa. E por suposto, unha anecdota protagonizada por a Geisa, unha pequena cadeliña a que os donos tiñan gran cariño e que hai anos xa merecera un artigo do cronista polo disgusto dos donos do Purgatorio, vendo que uns días o animaliño andaba coma loca caendo dun lado para outro, coa sorpresa e preocupación de todos, ata que ao fin se comprobaría como a Geisa iba beber no prato que recollía ás goteiras e derrames da villa dun tonel de viño, aclarándose así o «misterioso mal do canciño» sendo o caso moi celebrado polos habituais do bar.
!Aih! aquelas tertulias cos vellos amigos nas que se falaba de todo o habido e por haber. Xa non mais visitas a O Purgatorio, como diciamos unha das tascas emblemáticas, das que deste tipo xa cada vez apenas van quedando, desaparecidas asemade outras semellantes, o que non deixa de ser unha verdadeira mágoa.
José Castro Cajaraville.
TIERRAS DE SANTIAGO, 24/01/12