El gobierno abandona en bloque el PP y respalda a Roberto Vázquez como alcalde.

Seguirá en el cargo como no adscrito y sopesa crar un nuevo partido de cara a los comicios.

El grupo del gobierno de Portas, formado por el alcalde Roberto Vázquez, y otros seis concejales, ha renunciado en bloque a seguir militando en el PP, una baja que le ha sido aceptada por la dirección del partido y que se produce apenas seis días después de que Alfonso Rueda, secretario general del PPdeG, advirtiese a Vázquez que no podría mantenerse en la Alcaldía con las siglas del PP si reconocía la comisión del delito fiscal que se le imputa. La Fiscalía y la Agencia Tributaria acusan al regidor de un presunto delito de falsedad en documento mercantil y otro de fraude a la Hacienda Pública por el impago de 151.452 euros del impuesto de sociedades de su empresa Pazos Souto 2000. Los abogados de Vázquez habrían presentado una propuesta de conformidad para intentar rebajar las penas que se le piden, que incluyen cuatro años de cárcel, lo que lleva implícito el reconocimiento del delito.
Los siete miembros del Ejecutivo de Portas presentaron ayer ante la dirección provincial del PP su solicitud de baja, lo que fue anunciado a mediodía por el presidente autonómico del partido, Alberto Núñez Feijóo, que dio así por cerradas las responsabilidades del PP ya que, según alegó, es ??difícil actuar? sobre dirigentes que ya no están afiliados.

Roberto Vázquez rehusó hacer declaraciones, limitándose a decir que dará explicaciones ??só aos veciños?. Quien sí se pronunció fue su compañero de gobierno, el concejal Miguel Rivas, que afirmó que se marchan del PP como ??forma de protesta? ante ??a presión mediática, social e do propio partido?. Gobernarán como no adscritos durante lo que resta de mandato. De cara a las próximas municipales ??plantexouse formar un partido independente, pero non se tomou ningunha decisión porque en tres anos pode cambiar moito a cousa?.

Rivas critica la ??presión? a la que se ha visto sometido en los últimos meses Roberto Vázquez, que en mayo de 1992 llegó a la Alcaldía gracias a una moción de censura apoyada por un tránsfuga del PSOE. En estos veinte años, sostiene el edil, ??traballou sempre polo pobo sen ningún desliz? y defiende que ??por un tema particular non se pode xulgar a un alcalde. El pode ser responsable (del presunto delito), pero non culpable, porque tiña uns contables na empresa?.

Miguel Rivas cree que la oposición ha utilizado la imputación de Vázquez para ??meter o dedo na chaga e conseguir desbancalo, algo que non consiguen nas urnas?, que han avalado con mayorías absolutas su gestión. Afirma rotundo que ha habido ??unha caza de bruxas porque ven que é a única forma de botalo fóra?.

Sobre la postura adoptada por la dirección del PP, la entiende solo en parte. ??Hai que lavar a cara dos partidos, pero analizando cada caso pormenorizadamente?. De lo contrario, políticos ??quedarían moi poucos, contados cos dedos das mans?. Rivas se muestra dolido por tener que irse del PP ??pola porta de atrás? tras militar desde los 18 años. ??Joroba que antepoñan o lavado de cara do partido ao traballo de persoas que estiveron ás duras e ás maduras?.

DIARIO DE AROUSA, 06/07/12

XXVII CAMPIONATO DE TRUCO «SAN ROQUE DA PONTE»

Descrición

Campionato de truco por parellas.
Prezo da inscrición: 30?/parella.
O sorteo realizarase ás 21:30.
Para apuntarse, independentemente de aceptar a invitación deste evento, podedes chamar ós seguintes números:
-686606191 (Fernando)
-636975415 (Julian)
-650258009 (Patri)

Os premios serán os seguintes:
1º CLASIFICADO: 500? + TROFEO
2º CLASIFICADO: 300? + TROFEO
3º CLASIFICADO: 160? + TROFEO
Poderán variar proporcionalmente en función do número de parellas. Como vedes o importe íntegro da recadación vai adicado ós premios. Confiamos nas vosas capacidades de inxestas alcólicas para facer caixa.
Un saúdo a todos, e agardamos vervos por alí.

P.D.: AGRAD?CESE A DIFUSI?N DESTE EVENTO

XXIII Festa da anguía e XXI Mostra de caña do país

Alcaldes e representantes políticos da comarca de Caldas e Padrón déronse cita este Domingo no parque Irmáns Dios Mosquera en Valga na XXIII Festa da Anguía e XXI festa da Caña do País.

Invitados polo Alcalde e Corporacion do Concello de Valga, puideron degustar o esquisito sabor deste peixe nas distintas especialidades culinarias de preparación, en empanada, guisada con patacas, «Á Bella Otero», etc, así como degustar algún licor e cocktel elaborado a base de augardente.

Este sabado III Andaina Concello de Rois (15 kms.)

3ª  CAMI?ATA  POR  PARELLAS  CONCELLO de ROIS

 SABADO, 26 de XU?O DE 2010

  SAIDA: 18:00      CHEGADA: 21:45     ROTEIRO: 15 KM

 PUNTO ENCONTRO:   Poli. Mpal. Rois (Crta. Padrón-Noya, Km 4)

 INSCRIPCIONS e INGRESOS:

Parella  10 Euros no  Bco.Galicia-Cta:   0075.8997.87.0600085070

Deberase enviar xustificante do ingreso e boletín inscripción o fax: 981.811.782

ORGANIZAN: CONCELLO ROIS e ASOC. COLECTIVO REMONTE

 PATROCINA: CONCELLO de ROIS

 INFORMACION:   630.708.435 / www.andainabisbarradosar.com

O FINAL  HABERA: DUCHAS, SORTEO DE AGASALLOS e PINCHOS PARA OS PARTICIPANTES

 

Por fru, hace

CONCERTO DE NADAL

O coro de nenos e nenas da Orquestra Sinfónica de Galicia actúa este venres en Herbón

? O concerto terá lugar este venres día 18 ás 20:30 horas na igrexa do convento franciscano de Herbón (Padrón)
? O Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de está formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos e dirixido por José Luís Vázquez. No concerto de Herbón acompañaraos a pianista Isabel Gómez Alonso.
? Con esta actuación a asociación Sementar, organizadora do concerto, pretende atraer público ao convento de Herbón, converténdoo nun espazo dinámico, aberto e susceptible de acoller eventos de tipo cultural, musical…

Herbón (Padrón), 15 de decembro de 2009.- O convento de Herbón (Padrón) acolle este venres día 18 e decembro, ás 20:30 horas, un concerto de Nadal interpretado polo prestixioso Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia. Para esta ocasión, a formación que dirixe José Luís Vázquez, ten preparado un repertorio coas seguintes pezas: Cantata ??Christ lag in Todesbanden?, BWV 4 (Den Tod niemad zwingen kunnt/Jesus Christus, Gottes Sohn); Terceto ??Hebe deine Augen auf? (Elías -1846-47)-); Veni Domine. Op. 39, Nº 1; Ave María (In memoriam José Rada); Así cantan los chicos? (Tres escenas infantís), 1909; Los chicos del coro (Cerf-volant/Vois sur ton chemin); Déixame (Canto de berce); Vinde, vinde; Popurri de villancicos; J. S. Bach (1685-1750); F. Mendelssohn (1809-1847); F. Mendelssohn (1809-1847); Francisco Ibáñez Irribarria; Jesús Guridi (1886-1961); Christophe Barratier ?? Bruno Coulais; Demetrio Iglesias; Popular. Nemesio García Carril (Arr.: Fdo. L. Briones).

Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia

A Orquestra Sinfónica de Galicia ??unha das agrupacións orquestrais con maior proxección e transcendencia de España?? foi creada en 1992 polo Concello da Coruña e creou, entre outros, os seguintes proxectos artísticos: o Coro da OSG, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Nova, a Escola de Práctica Orquestral, os Nenos Cantores da OSG e o Coro Novo da OSG.

Os Nenos Cantores da OSG fixeron a súa presentación musical a principios do ano 2000 interpretando a Sinfonía nº 3 de Gustav Mahler á beira da súa Orquestra e baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez. Desde entón actuaron en varias ocasións coa Orquestra Sinfónica de Galicia, interpretando obras de Mahler (cabe destacar, sobre todo, a súa exitosa participación na Sinfonía nº 8), Orff, Shostakovich, Fauré… e colaborando, entre outros, con Emilio Aragón. Tamén ofreceron concertos a capella na Coruña e en diversas localidades da comunidade galega, así como no Auditorio de León.

O Coro, formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos e dirixido desde a súa creación por José Luís Vázquez, nace coa intención de constituír un verdadeiro centro de canto coral, para a formación de novas voces. Máis tarde, poderán formar do Coro Novo e do Coro da OSG.

O director do concerto

O contacto de José Luís Vázquez coa música comezou en 1977, como membro do Orfeón Terra a Nosa, de Santiago de Compostela, dirixido polo pai Manuel Feijóo Sousa. En 1984 obtivo a súa licenciatura en Química. Cursou estudos de canto coa soprano Ana Higueras así como con Félix Lavilla e Fernando Turina.

En 1990 ingresou no Collegium Compostelanum, agrupación fundada e dirixida por Maximino Zumalave. Nesta agrupación, como no Coro Universitario de Santiago de Compostela, ofreceu diversos concertos como solista. Como alumno de canto tamén participou nos cursos da International Bachakademie (Santiago de Compostela 1992 e 1994) e Música en Compostela (1994) e con profesores como Aldo Baldin, Andreas Schmidt, María Oran, etc.

En 2001 interpretou, como solista, a Misa da Coroación, de W.A. Mozart, xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Joan Company.

Director dos Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia desde a súa fundación, en decembro de 1999, José Luís Vázquez está estreitamente vinculado ao coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, ao que pertence desde o ano da súa creación. Ademais, foi director do Coro do Festival Mozart na súa edición en 1999, onde participou na posta en escena do Così fan tutte, de W. A. Mozart.

Colaboradores para un proxecto común

Con esta actuación, a asociación Sementar, organizadora do concerto, pretende atraer público ao convento de Herbón, converténdoo nun espazo dinámico, aberto e susceptible de acoller eventos de tipo cultural, musical… ? a segunda ocasión na que Sementar organiza un Concerto de Nadal en Herbón xa que, en 2008, tivo moi boa acollida por parte do público o concerto do coro Collegium Compostellanum.

Sementar é unha asociación con fins culturais, medioambientais e sociais que quere tirarlle todo o proveito a un espazo privilexiado, o que conforman a horta e o edificio do convento franciscano de Herbón. Para iso desenvolve desde finais do verán de 2008 un proxecto enfocado en varias direccións: preservar e poñer en valor o seu rico patrimonio cultural convertendo tamén este espazo nun lugar de produción e fomento da agricultura e a gandería ecolóxicas e procurándolle usos de carácter social.

Para a organización e o financiamento deste concerto a asociación Sementar contou coa colaboración da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, do Seminario Galego de Educación para a Paz, da sociedade cooperativa Viravolta (dedicada á intervención psicolóxica e social e con sede en Cambados) e coa Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual da comarca de Baixo Sar (AMIPA). Sementar quere que a colaboración de todas estas entidades neste concerto, que ademais foi fundamental para facelo posible, sirva tamén como adianto da presentación en público, en datas próximas, dun proxecto común que vai ter como sede física o convento franciscano de Herbón e no que participarán todas elas.

Exposición do nacemento

As persoas que se acheguen ao concerto do vindeiro venres terán tamén ocasión de ver o Nacemento que a asociación Sementar acaba de colocar na igrexa, e que está formado por pezas que se conservan desde moi antigo no convento de Herbón.

A entrada ao concerto é gratuíta e as portas da igrexa permanecerán abertas desde 1 hora antes de dar comezo a actuación para que as persoas interesadas en ver o Nacemento poidan facelo con tempo.

Atentamente,

Asociación Sementar
http://sementar.wordpress.com/
Correo electrónico: sementar@gmail.com
Teléfono de contacto: 617 260 670
Rego da Manga, 55
Herbón 15915 Padrón ?? A Coruña

CONCERTO_NADAL_HERBON