O grupo folclórico cesureño será hoxe un dos integrantes no desfile da Batalla de Flores que terá lugar en Pontevedra ás 19 horas do día de hoxe, 13 de agosto (Festas da Peregrina 2013).
PANCARTAS, CONXUGANDO O VERBO PROTESTAR.
Ando a comezos de semana coa vena reivindicativa un pouco alterada, pídeme o corpo un pouco de protesta construtiva, un xeito de ??Ils ne passeront pas? do Mariscal Petain, un arrebato de ??No Pasarán? ó estilo Pasionaria, ou metido no meu papel de Roi Xordo do Medievo, por buscar un exemplo máis próximo. Seguindo o costume bastante popular ultimamente en Pontecesures vou a saír polo pobo a colocar unhas pancartas, dando prioridade ós edificios públicos? Así, debaixo da que ??engalana? a nosa gardería municipal, xa desde o pasado día 1 de agosto para admiración de propios e alleos, a pesar de que a relación laboral da aludida co concello xa rematou, colocarei eu a miña primeira pancarta de hoxe. ??Xogo, logo existo. Arranxo do parque infantil municipal Xa?¡?. Considero lexítima a primeira das miñas demandas, pois como pai de dúas criaturas en idade de xogar no parque do seu concello con certas garantías de non eivarse no intento dada o lamentable estado no que se atopa o parque Vicente Moure, está así máis que xustificada a miña petición. Continuarei cun alto na biblioteca, cerrada en época estival, farei aquí a miña segunda parada ?? A ignorancia do cidadán é a vitoria do tirán… En Pontecesures tamén lemos no verán..¡¡?, versará a miña segunda pancarta, de seguro que quedará magnificamente. Cruzarei logo a pasarela sobre a N-550 de camiño ó Centro Social, continuando coa miña lexítima actividade de queixa, que medra a medida que avanzo nela. ?? Bótalle a culpa ó Clero ou bótalla ó Concello, se de saber a hora se trata, na Prazuela perde-lo tempo..?, versa a miña terceira pancarta desta xornada, non dubido de que dará o resultado pretendido. E como remate a esta xornada de reproches encarrilo cara o peirao, bonito paseo de camiño a Porto e escaparate do noso pobo ó mar de Arousa, polo menos este ano o remonte do Ulla pola fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla, Pontecesures quedou xusto como iso , como escaparate? A piscina municipal tampouco se librará doutra lenda que dirá ?? Mágoa que remate a piscina antes que o verán?? No monolito a carón do peirao colgarei a miña derradeira pancarta para hoxe, venme á cabeza a Neruda e escribo . ?? Gústasme limpeza, porque estás así?como ausente??coa esperanza de que dunha vez por todas se empecen a tomar medidas contra os que sistematicamente deixan o noso peirao cheo de excrementos de cans e algún que outro equino que se lle sumou ultimamente. ?nome así ó xeito de petición de esas abnegadas e descontentas nais e pais que solicitan o desterro da anterior concesionaria da gardería municipal do noso pobo por medio de pancartas, para que xunto coas miñas demandas consigamos o que uns e outros vimos a pedir deste xeito tan particular, coa certeza de que coa ambiguedade funcional que caracteriza ós que agora gobernan este pobo, as pancartas adornarán os nosos edificios públicos bastantes días máis do desexable.
Carta aberta de JUAN MANUEL VIDAL SEAGE
DIARIO DE AROUSA, 13/08/13
O pleno ordinario de Pontecesures segue sen celebrarse.
NOTA DA ACP DE PONTECESURES
O día 25 de xullo por mor do accidente ferroviario de Santiago de Compostela o alcalde accidental daquela, Ángel Souto, convocou a toda a corporación e consensuáronse as actuacións a levar a cabo na honra dos falecidos (un deles nado en Pontecesures). Aceptamos, os integrantes da oposición, a proposta do goberno local de suspender o pleno ordinario sinalado para o 29 de xullo aínda non sendo un acto suxeito á suspensión, dicindo o alcalde accidental que o pleno ía ser despois dos días de loito oficial e que así podían levarse as contas xerais do orzamento do derradeiro exercicio e que sendo xa un pleno extraordinario levaría tamén, de ser posible dende o punto de vista legal, o punto de rogos e preguntas.
Pois ben; o tempo pasa e o pleno non se convoca. Nin o fixo o alcalde accidental (ocupou o cargo dende o 16 de xullo ata o 9 de agosto) nin o fai o alcalde titular. Non dixo a verdade o Sr. Souto Cordo pois a conta xeral do orzamento xa ía na orde do día do pleno do 29 de xullo (a pesar da suspensión, foi repartida a orde do día o 26 de xullo, advertíndose por todos a clara descoordinación entre os integrantes do goberno local), e o certo é que procede tratala canto antes no órgano colexiado. Por outra banda, axústase perfectamente á normativa legal incluir no pleno a convocar o punto de rogos e preguntas.
En fin; estamos coa desidia de sempre nun goberno local apático que non xestiona os asuntos. Non é de recibo demorar máis a convocatoria do pleno e impedir así á oposición o seu labor de fiscalización da xestión municipal formulando os rogos e preguntas correspondentes. Estase a dar á veciñanza a impresión de que temos un goberno local “de vacacións” e ninguén entende isto con tres concelleiros cobrando unha dedicación exclusiva.
Pontecesures, 12/08/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
Sabariz denuncia el retraso en convocar el pleno de Pontecesures.
El concejal de Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP), Luis Ángel Sabariz Rolán, denuncia la demora por parte del gobierno local en volver a convocar el pleno que se iba a celebrar el 29 de julio pero que fue aplazado (con el apoyo de la oposición) con motivo del accidente ferroviario de Angrois, donde falleció un pontecesureño.
“Pasa el tiempo y el pleno no se convoca. Ni lo hizo el alcalde accidental, que ocupó el cargo del 16 de julio al 9 de agosto, ni lo hace el alcalde titular”, critica Sabariz, quien recuerda que “se ajusta perfectamente a la normativa legal incluir en el pleno el punto de ruegos y preguntas”.
FARO DE VIGO, 13/08/13
Atascos a la vuelta de la playa en Padrón.
Atravesar el casco urbano de Padrón los domingos se ha convertido desde el inicio del verano en toda una odisea. Al tráfico que ya de por sí soporta la N-550 a diario, hay que sumar los desplazamientos de turistas y familias que aprovechan la jornada dominical para desplazarse hasta las playas. El camino de ida es más escalonado, pero el de regreso es todo un infierno… con especial incidencia el pasado domingo. Y es que cruzar Padrón, desde A Ponte hasta pasar la capilla de Pazos se hizo interminable. Hora y media para recorrer apenas los cuatro kilómetros que separan ambos puntos, y que en circunstancias normales no llevaría más de diez minutos. Los conductores tuvieron que aguantar estoicamente, a treinta grados de temperatura (al menos el que marcaba el termómetro de algún vehículo) la caravana, lo que provocó protestas e irritaciones.
EL CORREO GALLEGO, 13/08/13
27 desempregados menos en Pontecesures en xullo.
O primeiro de xullo había 393 desempregados inscritos nas oficinas de emprego e ao rematar o mes a cifra pasou a ser de 366. Son 146 homes y 220 mulleres.