Valga reivindica la producción artesanal de caña.

FESTA DA CA?A VALGA /

Los ganadores del concurso se hicieron ayer con los diplomas que acreditan la calidad de sus productos en un acto oficial que fue seguido por numeroso público en Valga

Valga vivió ayer su tradicional fiesta veraniega en la que la elaboración de caña es la protagonista indiscutible. Los aguardenteiros locales estuvieron respaldos por colegas de profesión llegados de otros puntos de la geografía gallega, y juntos mostraron el proceso de elaboración artesanal de uno de los licores más identificativos de Galicia: la caña, compañera inseparable de un buen café y el ingrediente básico en la mítica queimada.
Pero a los cosecheros de Valga poco se les puede enseñar. Al jurado cada año le resulta más difícil elegir a los mejores, pero hubo que hacerlo y fueron galardonados dos lícores en cada una de las categorías: Blanca, hierbas y tostada.
Y tras la parte más profesional, la fiesta continuó con una comida campestre a la que se sumaron numerosos vecinos. Juegos para los más pequeños, una pequeña ruta en moto, una modesta recreación de la Batalla de Casal de Eirigo, degustaciones, espectáculos circenses, baile, teatro y muchas ganas de divertirse consiguieron que el parque Irmáns Dios Mosquera estuviera abarrotado hasta bien entrada la noche.

Unión de alcaldes para pedir reformas urbanas a la Xunta.

Los alcaldes de Caldas, Cuntis, Portas, Moraña y Pontecesures sumarán fuerzas para realizar una petición conjunta en materia de infraestructuras urbanas a la Vicepresidencia de la Xunta, que conovcó una serie de ayudas para este tipo de actuaciones. “Se concorremos individualmente correspondennos 50.000 euros pro concello, pero indo xuntos serían 57.500”, apuntó el regidor caldense, Juan Manuel Rey.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 24/08/13

Quique Ramos Ferreirós debuta este domingo como árbitro asistente no At. Madrid-Rayo Vallecano

quiques tres

Enrique José Ramos Ferreirós, nado en Rois e residente en Pontecesures (rúa dos Namorados), ascendeu como árbitro asistente á Primeira División do fútbol español. O domingo 25 de agosto debuta nunha das bandas do Estadio Vicente Calderón de Madrid no encontro entre o At. Madrid e o Rayo Vallecano (19:00 horas)

Este é o equipo arbitral completo:

Árbitro principal: Ignacio Iglesias Villanueva
Cuarto árbitro: Rubén Eiriz Mata
Árbitro asistente 1: Alfonso Costoya Rodríguez
Árbitro asistente 2: Enrique José Ramos Ferreirós
Delegado/Informador: Antonio Rubinos Pérez.

Escrito da ACP ao presidente de Portos de Galicia para que se limpe a marxe do río Ulla no porto de Pontecesures.

limpezaporto

Tendo coñecemento polos medios de comunicación da visita que fixo vostede onte ao porto de Pontecesures en relación coas obras de seguridade viaria realizadas por ese ente público mediante a elevación e sinalizacións dos pasos de peóns, solicitolle unha vez máis (gustaríame facelo persoalmente “in situ” onte, pero non fun convidado para estar na súa visita), a limpeza a fondo da marxe do río Ulla do porto de Pontecesures.

Estas marxes están, como se aprecia na fotografía, en estado lamentable dende o punto de vista la limpeza. Con maleza crecida e desperdicios entre a mesma estase a dar unha sensación de abandono moi criticado pola veciñanza dende hai moito tempo. Xa medraron incluso arbustos que están a impedir ás numerosas persoas que circulan polo peirao as vistas do río. Incrible que pase isto nos tempos que vivimos.

Resulta decepcionante que precisamente no punto onde remata a Ruta Xacobea Mar de Arousa/Ulla remontando o río, nun paraxe importante da Rede Natura, nunha zona visitada por turistas e cidadáns en xeral da comarca onde incluso hai actividade deportiva con adestramentos e competicións de piragüismo, e preto dos pantaláns embarcadoiros se descoiden deste xeito as instalacións portuarias.

? unha vergoña que isto siga así no porto fluvial máis representativo do ente público, e solicítase que, con urxencia, sexan limpadas a fondo as marxes do río no porto de Pontecesures e sexa acometida no futuro una actuación (como se anunciou hai tempo) para colocar pedra co correspondente encintado en todo o noiro que vai dende a estrada do peirao ata as augas.

Pontecesures, 23/08/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Entraron a roubar na oficina de seguros “Victorio” de Pontecesures.

Sobre as catro desta pasada madrugada, dúas persoas, ao parecer encarapuchadas, forzaron a verxa e a porta desta oficina de seguros situada na rúa Otero Acevedo de Pontecesures. Foi avisada a Garda Civil que, logo da inspección ocular, instrúe dilixencias sobre o sustraído e os autores do roubo.

Chamou a atención este roubo ao tratarse dunha zona, a da rúa Otero Acevedo, bastante concorrida esta pasada madrugada pola celebración da primeira das verbenas do San Roque de Porto.