No día de hoxe colocáronse indicacións de cobertura WIFI nos arredores da biblioteca municipal, tanto na parte frontal como na traseira por onde transcorre o Camiño de Santiago; para información de veciños, peregrinos e visitantes en xeral.
Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2012 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de DESE?O, PLANIFICACI?N E DESENROLO DE ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO DE LECER. O curso desenvolveráse nos meses de outubro e novembro na aula do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).
Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo para inscribirse é dende o 1 ata o 20 de setembro.
No seguinte enlace pódese descargar a ficha de inscrición:
http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=389
Acaba de marcharnos unha das figuras máis senlleiras do noso pais,un dos bos e xenerosos,un grande galeguista.Morreu con 98 anos AVELINO POUSA ANTELO. Foi mestre aquí no colexio de Infesta e a rúa do centro escolar leva o seu nome. DEP. A Capela ardente instalarase no consistorio de Teo.
Ruta que discorre por diversos lugares de Pontecesures, inclue as subidas polas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras pasando polos Petroglifos de Campo Redondo e polo Mirador da Galiñeira.
Esta ruta está programada para o domingo 2 de setembro dentro do Programa GOZA DO ULLA que inclue outras rutas por concellos que están bañados polo río Ulla.
A duración estimada desta ruta é de 5 horas. Inscricións para o 2 de setembro no teléfono 986 564 410 ou no mail xuventude@pontecesures.org
Prazo de inscrición ata o 31 de agosto. Lugar e horario de saída: Na Plazuela ás 9.00 horas.
Información completa do Programa GOZA DO ULLA con tódalas rutas neste enlace:
http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=382
O Concello de Pontecesures forma parte a rede de recollida e tapóns e apoio á familia de Pablo González Castelao, un neno de 11 anos de Pazos (Padrón), que padece distrofia muscular tipo Duchenne ??unha enfermidade dexenerativa sen cura??, ademais de osteoporose avanzada.
O obxectivo da campaña é recoller tapóns de plástico para a súa reciclaxe, como xa se fixo noutras convocatorias, para adquirir unha cadeira de rodas eléctrica, unha grúa e un baño adaptado para levar unha vida mellor. O custo elévase a 30.000 ?, unha cantidade que a familia non pode afrontar.
Con este fin, habilitaranse puntos de recollida na Casa do Concello, colexio, escola infantil, Praza de Abastos e en todos aqueles establecementos da vila que o soliciten.
Despois do éxito obtivo nesta actividade realizada o pasado 27 de xullo, o Concello de Pontecesures vai organizar novamente na piscina municipal outro TALLER DE C?CTELES EN ALCOHOL baixo a denominación «DANCE IN REMOLLO».
O venres 10 de agosto dende ás nove ata as doce da noite.
Entrada 3 ?.
Acceso para maiores de 12 anos.
Haberá musica en vivo a cargo do DJ PICHU.