O día 22 de agosto (mércores) o Concello de Pontecesures organiza unha baixada de RAFTING polo río Ulla durante toda a xornada destinada a rapaces/as de 10 a 14 anos. Esta actividade é coorganizada polos concellos de Valga, Cuntis, Pontecesures, Poio e Vilanova de Arousa para un total de 50 rapaces/as (10 por cada concello). Durante esta xornada de rafting o grupo baixará pola mañá dende herbón ata o peirao de Pontecesures e pola tarde dende Pontecesures ata a praia fluvial de Vilarello en Valga.
PRAZAS LIMITADAS: 10 POR CADA CONCELLO
As prazas para esta actividade concederánse por orde de inscrición pero tendo en conta que se dará prioridade aos rapaces/as que non participaron no intercambio xuvenil AMIGOS DO MAR E A MONTA?A nos anos 2010 e 2011.
O prazo para a solicitude de prazas para esta actividade é dende o 7 ata o 17 de agosto, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación (co programa de actividades completo) na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello (teléf. 986 564 410).
Mais información e descarga de documentación e follas de inscrición no seguinte enlace: