Para ter unha opinión máis fundamentada vou facer un pouco de historia do asunto do reloxo da Igrexa de Pontecesures. En 1999, xa ocupando o cargo de alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, e gobernando o tripartito BNG/ACP/PSOE, houbo una iniciativa (moi boa, por certo) dos concelleiros socialistas Enrique José Herránz Grela e ?scar Gerpe Rodríguez para mercar un novo reloxo, xa con tecnoloxía moderna, porque o vello xa levaba moito tempo sen funcionar. Abriuse unha conta, e o reloxo penso que se financiou totalmente con donativos de empresas e comercios. Mercou o reloxo o concello con estes cartos na Reloxería Pagán de Vigo e con factura emitida a nome do concello. Lembro que o novo reloxo inaugurouse na fría noite de fin de ano de 1999, cunha festiña organizada polo concello con uvas na Plazuela para recibir o novo século e un cartel luminoso na fachada da igrexa que dicía: ??Feliz ano 2000?.
Con posterioridade, nalgunha ocasión, estando no goberno, chamei eu á reloxería de Vigo, porque nos cambios de hora de abril ou outubro o reloxo non correxía os adiantos ou atrasos da hora nas agullas de xeito automático. Viñeron aquí técnicos de dita reloxería e corrixiron a situación.
Agora temos a avaría e xa se nos presenta a seguinte dúbida: ¿De quen é o reloxo?. Penso que é unha discusión irrelevante porque este reloxo exterior é util para os feligreses en particular e para todo o pobo ao estar na Plazuela. Así o concello debe intervir neste tema para que se arranxe o reloxo xestionando co párroco a mellor solución para todos. Non debe darse esta situación de abandono nin un día mais.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures