Pontecesures solicítalle 89.279,68? á Consellería e mantén o gasto social
A Consellería comunicou ao Concello que en 2012 só prorroga o financiamento da praza de traballadora social no concepto de persoal e do correspondente á Axuda no Fogar para Dependentes por ter menos de 20.000 habitantes.
A Programación Anual dos Servizos Sociais Comunitarios presentada para o seu financiamento ten un orzamento total, incluídas outras achegas autonómicas, de 277.993,66? e inclúe, segundo o disposto nos artigos 9 e 26 do Decreto 99/2012 os seguintes programas e servizos básicos e específicos:
A) Básicos:
a) Programa de valoración, orientación e información (sen custe específico)
b) Servizo de axuda no fogar (SAF)nas modalidades de Prestación Básica (Libre Concorrencia) e Atención á Dependencia (42.506,00?)
c) Programa básico de inserción social:
– Campamentos de verán para menores (272,00?)
– Axudas municipais de emerxencia social (3.000,00?)
d) Programa de fomento da cooperación e solidariedade social:
– Programa de Alimentos en cooperación coa Fundación Amigos de Galicia e a Cruz Vermella Pontevedra (1.500,00?)
– Acollemento familiar de menores saharauís en colaboración coa asociación Solidariedade co Pobo Saharauí (1.780,00?)
– Cooperación ao Desenvolvemento a través do Fondo Galego de Cooperación (375,00?)
En canto á prestación básica do Servizo de educación e apoio familiar, inclúese, xa que o mesmo se prestou durante o primeiro trimestre do ano (3.236,40?)
B) Específicos:
a) De atención da primeira infancia en centros e instalacións que posibiliten a conciliación da vida laboral e familiar:
Escola Infantil Municipal 0 a 3 (163.000,00?)
b) De xestión de programas enfocados á prevención e á atención de persoas en risco de exclusión:
Proxecto de educación básica de persoas adultas (17.700,00?)
c) De atención de persoas maiores en equipamentos e servizos que faciliten a súa socialización activa, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal:
Proxecto de termalismo Lúdico (1.342,00?)
d) De asesoramento, atención e orientación prestada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade:
Proxecto de promoción da Igualdade de Oportunidades ente Mulleres e Homes e Prevención da violencia de xénero (11.600,00?)
Así mesmo a Programación inclúe os conceptos de Mantemento e Traballadora Social (Persoal).
Pontecesures solicita financiamento polo importe de 89.279,68?, co seguinte detalle:
– Persoal: 16.639,88?
– Mantemento: 200,00?
– Axuda no fogar:
o Modalidade de prestación básica do Plan Concertado: 8.800,00?
o Modalidade para persoas valoradas como dependentes: 22.639,80?
– Xestión de programas: 41.000,00?