O equipo xoga este domingo dia 27 ás 12 da mañá (ollo que hai cambio de hora) no campo municipal Ramón Dieguez de Pontecesures contra o Cacheiras. Quedan 3 partidos, pero en caso de gañar xa serían campións e disputarian a fase de liga galega. Para elo, queren gañar este domingo, a un rival que está pola metade da taboa clasificatoria.
Este grupo de alevíns foi subcampión o ano pasado, polo que esta xeración de futbolistas ten outra oportunidade de acadar o título alevín. Seu adestrador Marcos «Pichi» fai un chamamento para que os demais xogadores do club, asi coma pais, familiares e afeccionados en xeral, suban este domingo a animar ós rapaces.