Sin Categoria
Promoción do galego no comercio local
A campaña está deseñada para fornecer materiais atractivos para facilitar aos comerciantes que podan levar a cabo a súa actividade en galego e preténdese así animar a todas as vendedoras e vendedores que así o desexen a continuar con este etiquetado en galego de notábel acollida naqueles lugares en que se desenvolve desde hai anos, tanto entre clientes como entre comerciantes.
Trátase de pregos de etiquetas para colocar nos agasallos que merquen os clientes con distintos lemas.
Agardamos que este material poida ser de proveito na actividade comercial dos establecementos de Pontecesures nestas datas.
Sin Categoria
Rematan as obras de canalización do gas nas rúas centrais do pobo
Co asfaltado rematan as obras de canalización de gas, que nas últimas semanas levou a cabo a empresa CCS nas rúas Sagasta e Rosalía de Castro. Dende o goberno municipal queremos pedirlle disculpas á veciñanza polas molestias e retrasos que causaron estas obras.
Sin Categoria
Morreu Francisco Baleirón, «Paveiro».
Aos 81 anos de idade, morreu no día de hoxe Francisco Baleirón Mosquera, «Paveiro», veciño de O Cagaxol. O seu cadáver está a ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón.
Mañá xoves, 15 de decembro, terá lugar a misa funeral ás 18 horas na Igrexa Parroquial de Santa Cristina de Campaña. Recibirá sepultura no cemiteiro de dita parroquia.
Descanse en paz.
Sin Categoria
Mañán xoves 15 de decembro, Festival de Nadal da Escola Infantil
O xoves día 15 de decembro, ás 17.00 horas, terá lugar no Pavillón Municipal de Pontecesures o Festival de Nadal dos nenos e nenas da Escola Infantil.
Sin Categoria
Arranca a campaña «Este ano 2011 presume tamén de praceiro e praceira»
A Consellería de Economía e Industria pon en marcha esta campaña para promocionar todos os mercados de abastos de Galicia para destacar aos seus praceiros.
Entre os días 14 ao 24 de decembro de 2011 e 9 e 20 de xaneiro de 2012, os clientes da Praza de Abastos de Pontecesures recibirán un cupón por cada acto de compra. ?ncheos co teu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número de posto do teu praceiro/a favorito/a e deposita o cupón na urna instalada na propia Praza.
Os días 23 de decembro de 2011 e 20 de xaneiro de 2012 procederase á elección ao azar de trescupóns, que se corresponderán con tres clientes agraciados con cheques de compra desa quincena, por valor de 75, 50 e 25 euros. Só poden ser recompensados os clientes que estén presentes no momento do sorteo. Ademais, só serán válidos os votos nos que figure o número de posto votado.
Os cheques serán cambiables unicamente no propio mercado en forma de desconto nas próximas compras. A validez destas caducará o 28 de febreiro de 2012.