MOCI?N DA ACP DE PONTECESURES
COMPLEMENTO Á PRESTACI?N ECON?MICA NA SITUACI?N DE INCAPACIDADE TEMPORAL DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE PONTECESURES.
O artigo 9 do R.D. Lei 20/2012 , de 13 de xullo, publicado o 14 de xullo de 2012, con corrección de erros publicada no BOE de 19 de xullo de 2012, posibilita complementar as prestacións que perciba o persoal funcionario e laboral nas situacións de incapacidade laboral, establecendo uns límites máximos que non se poden superar.
A disposición transitoria decimoquinta do decreto lei establece que as previsións contidas no artigo 9 deben ser desenvolvidas en cada administración no prazo de tres meses dende a publicación da norma.
Esta agrupación considera que o Concello e Pontecesures debe compensar económicamente aos traballadores na situación de incapacidade os límites máximos que se recollen na normativa, ante a baixa de retribucións que soportan os empregados públicos e tendo en conta que se anula nesta materia o convenio que tiña o persoal laboral (abonábanse as baixas ao 100%) paliando deste xeito un impacto maior da medida.
En consecuencia, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:
1.Recoñecer para o persoal funcionario e laboral na situación de incapacidade temporal durante os tres primeiros días un complemento retributivo ata acadar o cincuenta por cento das retribucións que se veñan percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.
2.Recoñecer para o persoal funcionario e laboral na situación de incapacidade temporal dende o cuarto ata o vixésimo día un complemento retributivo ata acadar o setenta e cinco por cento das retribución que se veñan percibindo no mes anterior ao causarse a incapacidade.
3.Recoñecer para o persoal funcionario e laboral na situación de incapacidade temporal a partir do día vixésimo primeiro unha prestación equivalente ao cen por cen das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.
4.Complementar para o persoal funcionario e laboral dende o primeiro día ata a cadar o cen por cen as retribucións que lle viñeran correspondendo a dito persoal no mes anterior ao de causarse a incapacidade cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias profesionais.
5.Establecer un complemento para o persoal funcionario e laboral ata o cen por cen das retribucións que lle viñeran correspondendo en cada intre nos casos debidamente xustificados de hospitalización e intervención cirúrxica.
Pontecesures, 05/10/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures