Teatro en Pontecesures «Contos coas mans abertas».

 

 

A compañía de teatro A Tropa de Trapo porá en escena o espectáculo «Contos coas mans abertas», dirixido a público adolescente e adulto. Esta proposta baséase en pezas narradas a dúas voces, cun acompañamento de guitarra e laúde arabe que convida á reflexión.

CONTOS COAS MANS ABERTAS recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos… todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante. Sempre aliñado cun pouco de retranca, misterio e ilusión… e o ritmo da música en directo. Un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

VENRES 23 DE SETEMBRO – 21.00 HORAS – CENTRO SOCIAL.

 

 

Excursión á Feira Internacional de Turismo Termal «Termatalia 2011» do Concello de Pontecesures.

 

O Concello de Pontecesures está o organizar unha viaxe á Feira Internacional de Turismo Termal TERMATALIA 2011 para o vindeiro domingo 25 de setembro. A viaxe inclue:

  • Viaxe de ida e volta en autobús.
  • Entrada á feira.
  • Visita guiada á feira.
  • Visita turística á cidade de Ourense, percorrendo o casco histórico e as termas.
  • Xantar nun restaurante da cidade de Ourense.

Saída dende o Coche de Pedra (Rúa San Lois) ás 9.00 da mañá e chegada estimada ás 21.00 da noite.

Esta excursión está aberta a todos/as os/as veciños/as de Pontecesures, habendo 50 prazas dispoñibles.

O prezo por persoa é de 10 ?.

A inscrición faráse nas oficinas centrais do concello, entregando no momento os 10 ? da cota de inscrición.

O prazo de inscrición é dende o 14 ata o 20 de setembro.

As prazas para esta viaxe asignaránse por rigoroso orde de inscrición.

 

FESTAS DAS DORES,NO CARBALLI?O-XANZA (VALGA) O SABADO 10 DE SETEMBRO.

CARBALLI?O 2011 Xanza-Valga
FESTAS NA HONRA Á VIRXE DAS DORES 2011
SABADO 10 DE SETEMBRO : POLA MA?Á UNHA SALVA DE BOMBAS ANUNCIARÁ AS FESTAS.
DE SEGUIDO, PASARR?AS A CARGO DO GRUPO DE GAITAS XARANDEIRA
ÁS 13H. MISA SOLEMNE
Pola noite boa verbena amenizada polas orquestras
CASABLANCA de Ourense
e D´NOCHE co seu éxito «A cabeza non para».

DOMINGO 11 DE SETEMBRO.
POLA MA?Á, BOMBAS DE PALENQUE.
Á 1 DO MEDIODIA, MISA SOLEMNE.
AS 4 E MEDIA DA TARDE, GRAN TORNEO DE ESCOBA, ONDE DECIDIRASE QUE SERÁ O MELLOR XOGADOR DO MUNDO.
XIV TROFEO VIRXE DAS DORES.HABERÁ TROFEO PARA OS 4 PRIMEIROS CLASIFICADOS E PREMIOS EN METALICO PARA OS 3 PRIMEIROS.
FESTA DOS NENOS CON HINCHABLES, FESTA DA ESP?MA E RUTA CICLOTURÍSTICA.