O vindeiro mércores día 6, ás sete da tarde terá lugar a inauguración da Sede da Agrupación Socialista de Pontecesures, na Travesía da Bandeira. Ao acto acudirán Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE e Carmen Cajide, deputada autonómica e secretaria provincial de igualdade.
Sin Categoria
Morreu Moncha «A Patoca».
Aos 79 anos de idade, morreu Ramona Castiñeiras Magariños. O cadáver está a ser velado na sala 1 do tanatorio «Iria Flavia» de Padrón. Mañá ás 17 horas celebrarase a misa funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures e logo o cadáver recibirá sepultura no Cemiterio Municipal de Condide.
Descanse en paz.
Deportes
O PONTECESURES C.F. DA CATEGORIA ALEVÍN P?DESE PROCLAMAR CAMPI?N DA S?A LIGA
O equipo xoga este domingo dia 27 ás 12 da mañá (ollo que hai cambio de hora) no campo municipal Ramón Dieguez de Pontecesures contra o Cacheiras. Quedan 3 partidos, pero en caso de gañar xa serían campións e disputarian a fase de liga galega. Para elo, queren gañar este domingo, a un rival que está pola metade da taboa clasificatoria.
Este grupo de alevíns foi subcampión o ano pasado, polo que esta xeración de futbolistas ten outra oportunidade de acadar o título alevín. Seu adestrador Marcos «Pichi» fai un chamamento para que os demais xogadores do club, asi coma pais, familiares e afeccionados en xeral, suban este domingo a animar ós rapaces.
Sin Categoria
Presentación da candidatura socialista de Valga
O vindeiro sábado 26 de marzo ás 20.00 horas, terá lugar a presentación da candidata socialista Carmen Coto á alcaldía do Concello de Valga. O acto celebrarase na Casa da Cultura de Paredes e Carmen Coto estará acompañada por Carmen Cajide, Secretaria Provincial de Igualdade, e o deputado autonómico Guillermo Meijón, así como doutros integrantes da candidatura do PSdG-PSOE.
Sin Categoria
Morreu Gonzalo Jiménez Silva.
Este xove, residente na parte alta da rúa Ullán de Pontecesures e de 31 anos de idade, morreu este mediodía. Tivo unha parada cardíaca e foi levado en ambulancia ata o campo da Insua coa intención de trasladalo en helicóptero ao hospital. Os médicos xa non poideron facer nada pola súa vida e morreu antes.
Descanse en paz.