Todo sexa por intentalo de tódalas formas posibles 😉
Sin Categoria
Morreu Juan Carlos Agrasar Castrelo.
Aos 49 anos de idade, morreu a pasada madrugada, Juan Carlos Agrasar Castrelo, veciño de Carreiras.
O velorio é no Tanatorio «Iria Flavia» de Padrón. Mañá, 1 de xaneiro de 2011, sairá a comitiva fúnebre dende dito tanatorio ata a Igrexa de Pontecesures. O cadáver recibirá sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián. O luns, 3 de xaneiro, celebrarase a misa funeral ás 18 horas.
Descanse en paz.
Sin Categoria
Morreu Purificación Dopazo Cascallar.
Aos 79 anos de idade, morreu hoxe, Purificación Dopazo Cascallar, veciña de Condide.
O velorio é no Tanatorio «Iria Flavia» de Padrón. As 16:30 horas de mañá, 1 de xaneiro de 2011, sairá a comitiva fúnebre dende dito tanatorio, ata a Igrexa Parroquial de Pontecesures. O cadáver recibirá sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián. O luns, 3 de xaneiro, ás 17:00 horas, celebrarase a misa funeral.
Descanse en paz.
Sin Categoria
Por fin comeza a retirada dos vellos postes de Gas Natural Fenosa na rúa San Lois.
No día de onte, a empresa Elenor, por contrata de Gas Natural Fenosa, comezou a obra de retirada de dous vellos postes de madeira, xa escorados, que foron colocados provisionalmente, hai nada menos, que tres anos e medio na rúa San Lois de Pontecesures (practicamente no centro da vila) para alimentar a uns abonados por mor da construción dun novo edificio. Nestes postes se apoian unha maraña de cables grosos.
Tanto os postes, como o cableado transmitiron durante todo este tempo unha imaxe estética lamentable, provocando as queixas veciñais pois o edificio en cuestión leva rematado máis dun ano e canalización soterrada necesaria para a retirada dos postes e do tendido varios meses, canalización que tivo que afrontar o promotor de edificio
Esta concellería realizou varias xestións co departamento de Gas Natural Fenosa en Pontevedra, expoñendo o abuso que se estaba a cometer con Pontecesures.
Aclarado o tema do ingreso dunha cantidade mínima por parte da empresa que realizou a canalización soterrada que xurdiu por un malentendido en canto á modificación da obra proxectada nun principio, recibimos con satisfacción a nova de que a retirada vai ser unha realidade nestes días. ? moi posible que a obra remate o luns día 27 de decembro.
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures
Sin Categoria
O Joyería Riveiro gañou ao pechacancelas en Pontecesures.
Por 3 a 0 gañou o equipo cesureño ao Santomé en partido xogado o pasado sábado, dentro do gurpo IV da Lga de Fútbol de Veteráns. Marchan quintos agora na xeral, a 4 puntos do líder A Lama. Na vindeira xornada reciben ao Playa Lagos no Ramón Diéguez.
Sin Categoria
Moderación de comentarios
?ltimamente estanse a incumplir unha tras outra as normas da web, provocando moito «ruido» e pouca información. Esto está xerando demasiado ruido na web e flamewars.
Coma administrador da web son o último responsable de todo o que acontece aquí, e considero unha falta de consideración o mal uso de este recurso, que existe de forma desinteresada asumindo eu personalmente tódolos custos de mantemento e horas de traballo.
Pontecesures.net é aberto a todos, nunca se lle negou a publicación de entradas a ninguén, cadaquén é libre de publicar, e no caso dos comentarios o mesmo, sempre seguindo as normas.
O párrafo que temos antes dos comentarios, pertence ó desaparecido «Vieiros»:
«En Pontecesures.net cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.»
Parece que é máis fácil poñer calquera cousa coma comentario que tomarse un minuto para ver este párrafo e as normas, só unha vez.
Chegados a un punto, de que avisando que non se permiten os comentarios fora de tema (unha das normas), falta o tempo para incumplílo. Non queda outro remedio, por un tempo limitado, que activar o sistema de moderación:
- Os comentarios enviados non serán visibles ata que o administrador (só hai un e son eu) os de por válidos
Espero se entenda e disculpe si os comentarios tardan en aparecer tras o seu envío, todo dependerá de a capacidade (tempo) que teña para revisalos.
Engadido: Estou canso de mandar correos electrónicos ós que incumplen as normas por que non len esos correos, así que deixo de ser «educado» cos que non teñen a mesma conducta.
Neste momento hay 7 comentarios en moderación e ningún ten nada que ver ca entrada… mal vamos, e algún do tipo:
EU pensei que habia libertad de expresion ,pareceme unha censura.
Contestarei só a este comentario aquí: Falar de falla de libertade de expresión por moderar os comentarios é non ter claro o que é a liberdade de expresion. Censura:
La censura es el poder que ejerce el estado, persona o grupo influyente para prohibir, la difusión a un estadio público, de una noticia, de un libro, de una película o de algún documento, a través y con el cual se pueda atentar contra la estabilidad de la persona o grupo, su subsistencia e incluso directamente contra su existencia.
Aquí seguimos facendo o máximo para protexer a liberdade de expresión e impedir a censura da información que os cesureños plantexen, outra cousa e o comentario en cuestión, que non será publicado, non por «censura» senón por que non ten NADA que ver ca entrada na que está.