O grupo municipal do Partido Popular de Pontecesures ven por este medio a criticar os actos de carácter marcadamente electoralista que esta a desenvolver o PSOE de Pontecesures sen que oficialmentente teña comezado a campaña electoral.
Fan referencia ó acto publicitado en varios medios escritos o pasado día 3 e na propia páxina web dos socialistas, onde fan referencia a que convocan a todo o que o desexe e un acto onde o deputado Guillermo Meijón explicará as propostas dos socialistas de cara as próximas eleccións antes de que se abra oficialmente a propia campaña electoral.
A xuizo dos populares, este tipo de actos teñen un marcado carácter electoralista, máxime cando se está a convocar, incluso ” boca a boca” a pais de alumnos, membros da ANPA etc.. que para asistir teñen que personarse na sede dun grupo político e non nos locales sociais do Concello.
No colmo dos despropósitos, informan o portavoz do grupo Popular, Juan Manuel Vidal, que chégase incluso a colocar carteis anunciadores do acto por encima dos que nós tíñamos colocado informando do mitin de Mariano Rajoy este sábado en Pontevedra, “con este tipo de actitudes os socialistas de Pontecesures posiciónanse nun grupo de personas nos que solo están éles, os dos que na sua desesperación política empregan calquer tipo de para convertir un acto informativo en un acto plenamente propagandístico, oportunismo en estado puro”.
Juan M. Vidal Seage
Portavoz Partido Popular Pontecesures.

