Nota del Concejal de ACP Luis Angel Sabariz Rolan sobre el Pleno del combustible

En relación con el pleno extraordinario celebrado en el día de ayer sobre el consumo de combustible, se quiere matizar lo siguiente:

1-Resulta inexplicable la ausencia de tres miembros del gobierno local . Particularmente no me creo, para nada ,que las nacionalistas Ana Portas (concejala de Hacienda y llamada a dar explicaciones como tal en el propio pleno) y Margarita García Castro tuvieran problemas para asistir a la sesión. Parece una huida en toda regla.
En el pleno, desde luego, se transmitió la impresión de que tenemos un gobierno en descomposición con un alcalde abandonado por su propio grupo, falto de credibilidad y acobardado y acorralado por los acontecimientos.

(más…)

A ACP denuncia a demora no comezo da obra de ampliación do alumeado do campo de fútbol.

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECSURES (ACP)

A finais do pasado ano foi adxudicada a obra de ampliación do campo de fútbol «Ramón Diéguèz» situado no Monte de Porto por unha contía de 11.008,40 ? sendo integramente financiada a obra con fondos propios. A pesar do tempo transcorrido, a obra todavía non foi executada como están a demandar os usuarios do recinto.
Por falla de previsión do alcalde, foi incluída esta actuación sen contemplar a obra que hai que realizar para aumentar a potencia eléctrica que vai posibilitar a instalación de novas columnas de alumeado no campo.
Segundo Unión Fenosa esta obra de aumento de potencia ten un importe incluso superior ó da obra principal (13.659,21 ?) e mentres non se realice, non se pode mellorar o alumeado.
O aumento agora non se pode executar por falla de consignación orzamentaria e o concello solicitou unha subvención de 10.927,37 ? á Consellería de Xustiza ó abeiro da Orde de 23.02.06. No mellor dos casos, de concederse a subvención na súa totalidade, este concello tería que aportar 2.731,84 ? para os que tampouco hai consignación (os orzamentos todavía nin se presentaron).
O certo é que o tempo pasa e a obra non se fai a pesar de que o alcalde, coma sempre, foi anunciando ós deportistas a boa nova que agora non se pode levar a cabo pola súa ineficacia. O alcalde quere manter este asunto tapadiño pois nin deixou ver o orzamento de Unión Fenosa ó concelleiro da ACP na corporación.
Por certo, tamén se está a retrasar moito a obra de arranxo do muro de cerre lateral do propio campo de fútbol que foi adxudicada hai tempo (máis de 30.000 ?). Un detalle negativo: foi retirada hai días a rede que vai por enriba do muro pero non comezou a obra. Agora nos adestramentos saen os balóns continuamente fóra do recinto resultando ilóxico apurarse para retirar a rede sen comezar a refacer o muro.

Pontecesures, 9 de xuño de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.

O grupo folclórico Algueirada actúa o venres día 9 no programa LUAR da TVG

O grupo «Algueirada» dependente da ANPA do CPI Pontecesures actúa o venres día 9 no programa de referencia que comeza sobre ás 21,40 horas. O programa desenvólvese en directo no plató 1000 da TVG de Montouto (Teo).

Actuarán uns 20 rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos dirixidos polo monitor de danza e pandeireta Martín e o monitor de gaita Miguel.O sábado e o domingo próximo o grupo tamén actuará nas Festas de O Pazo (Rianxo).E unha satisfacción para a xunta directiva da ANPA que o grupo se consolide para potenciar o folclore galego entre os nenos/as de Pontecesures.

Fondos de Pantalla – Cruceiro de Porto

Estreamos unha nova sección con imáxenes de Pontecesures que poderemos empregar coma fondo de escritorio do noso ordeador.

A primeira é a que podemos ver na imaxen, un fondo de escritorio cunha fotografía do cruceiro de Porto, feito no verán pasado por Xosé Manuel Crego. Unha imaxe moi especial para os veciños de Porto, que ten o cruceiro impresionantemente enmarcado por un anoitecer do verán.

Para descargar o fondo de escritorio pulsa sobre a seguinte ligazón:

Descargar: Fondo Cruceiro de Porto 1024×768

Si algúen ten algunha dúbida de como por unha imaxen como fondo de pantalla faremos un pequeno «tutorial» explicando o fácil que é.

Dende aquí non podo máis que agradecerlle a Xose Manuel a súa fotografía.

Nota enviada polo CPI Pontecesures ós pais/nais sobre o comedor escolar.

p(titulonota). ENQUISA SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

O Concello de Pontecesures e a ANPA do CPI Pontecesures iniciaron os trámites de solicitude dun comedor escolar neste centro.
O claustro de profesores considera positiva a implantación deste servizo por consideralo un ben social.
Para que poidan continuar os trámites é necesario coñecer a demanda real deste servizo polo que pregamos contesten a estas dúas cuestións:

¿Estaría vostede interesado na utilización do servizo do comedor escolar para o seu fillo/a se este fora gratuito?

SI [ ] NON [ ]

¿Estaría vostede interesado na utilización do servizo de comedor escolar para o seu fillo/a se tivera que aboar unha cantidade aproximada de 2 ? por día?

SI [ ] NON [ ]

Esta enquisa ten só carácter informativo.

Atentamente.
Pontecesures, 1 de xuño de 2006
A directora
Mª José Suárez Guzmán