Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

Segue a inseguridade cidadá: Roubanlle a carteira a unha muller en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Sobre ás 19 horas do día de hoxe, 17 de outubro, saía unha muller de Valga de mercar, coa carteira baixo o brazo, dunha ferretería situada na rúa Portarraxoi de Pontecesures. No caleixón que une a rúa Portarraxoi coa Avda. de Vigo (N/550), preto da porta lateral do establecemento a muller foi abordada por un home coa cara descoberta que a empurrou ata a parede do edificio botándolle a man á carteira e dicindo: “es una broma”, “es una broma”. Levou a carteira e fuxiu a correr con dirección á Avda de Vigo. Ao parecer a muller levaba preto de 100 â?¬ na carteira. Personouse logo no lugar a Garda Civil que instrúe dilixencias.

Máis sobre isto

1 comentario

  1. Tachenko

    A redacción, fantástica, periodismo puro….

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.