Onte remataron as obras de reparación e mellora da calefacción do C.P.I. Pontecesures. Lembramos que cun orzamento de 58.000 euros acometéronse tres tipos de intervencións: reforma da sala de caldeiras e revisión da cheminea e caldeira, a renovación das tubarías de distribución e do sistema hidráulico, e revisión do depósito.
Representantes da Consellería de Educación e da empresa adxudicataria das obras reuníronse con persoal do Concello, do colexio e da empresa encargada do mantemento, para explicarlles o funcionamento do novo sistema de calefacción do C.P.I. Pontecesures.
O Concello de Pontecesures quere agradecer á Consellería de Educación o investimento realizado e felicitar á empresa polo bo remate das obras, que sen dúbida, permitirán o ensino en mellores condicións e desde logo, un considerable aforro no gasto enerxético do centro.