Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Vaia imaxe da vila.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Nestas imaxes tomadas na tarde de hoxe pódese apreciar que o persoal muncipal de limpeza non pasou esta mañá pola estación de FFCC de Pontecesures. ? realmente triste observar como os numerosos usuarios do tren que temos hoxe durante todo o día teñen que soportar esta situación de insalubridade na estación (lixo de caixas, bolsas e botellas) e tamén imaxinarse que dirán da nosa vila as persoas das cidades do Eixo Atlántico ao decatarse diso cando para o tren do estado do andén principal. O goberno local pasando de todo. Así nos vai.

Máis sobre isto

5 comentarios

  1. o palillo

    referente a esta triste noticia tamen hai moi xente no pobo que da asco mais non na dan limpo sempre estan no medio coma o xoves . Pero porque en vez de meterse sempre co pobre barrendeiro non fai vostede soñor SABARIZ que patrullen denoite os municipales para evitar esto e mais pola seguridade dos cesureños,ou porque non se quita unha lei de prohibido facer botellon na rua o que queira que o faga nun recinto cerrado pero vostede solo esta para goder os novos gobernantes en vez de darlle unha solucion para darlle ideas pero vostede non JODE , JODE,JODE E JODE QUE ASCO .

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Mira, “o palillo”, non estou no goberno municipal, e mentres tiven ese tipo de responsabillidades nunca estivo o andén da estación sen retirar o lixo un domingo pola tarde. Por suposto, estaba atento a estes temas.

    Responder
  3. Princo

    Que asco me da vostede… E non esa foto! Cando vostede gpbernaba e isto pasaba, era por actos incivicos. Agora resulta q é culpa de quen non o limpe… Pois xa lle irei eu emporcar á porta da casa sua, aver de quen sería a culpa

    Responder
  4. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Non, “princo”, non. Asco daba o andén da estación o domingo pola tarde con numerosas críticas de toda a xente. Algúns viaxeiros tiveron que apartar as caixas e as bolsas cos pes ata as paredes do edificio para poder pasar, e a imaxe, con máis de vinte persoas esperando polo tren, era denigrante. Por suposto que critico os actos incívicos, pero iso non é desculpa para un goberno que se despreocupa por estes temas. Mira, cando estiven no goberno tamén había botellóns, claro, pero polas mañás recolliase o lixo nos andéns sempre. O servizo de limpeza é fundamental e a sensación que dimos o domingo foi o dunha vila vergoñenta por culpa dos gobernantes que temos.

    Responder
    1. la_hormiguilla

      Ten toda a razón Sabariz. Unha cousa sería o andén a primeira hora da mañá, que ó mellor ainda había algún do botellón rezagado. Pero pola tarde, eso non pode estar así.

      Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.