Programación de actos da “XII Festa da Lamprea”

Segundo a información facilitada hoxe, os actos son os seguintes:

p(subtitular). XOVES 12 DE ABRIL

p(leyenda). 18.00 horas no Salón de Sesións

p(sangrado). Será presentada a páxina web oficial do concello (pontecesures.org) e tamén unha guía turística elaborada pola Consellería de Innovación e Industria.

p(subtitular). VENRES 13 DE ABRIL

p(leyenda). 19,00 horas no Centro Social

p(sangrado). Espectáculos interactivos para nenos.

p(leyenda). 21,00 horas na Plazuela

p(sangrado). Concerto de rock coa actuación de “Os Predicadores”.

p(subtitular). SÁBADO 14 DE ABRIL

p(leyenda). 20,00 horas no Centro Social

p(sangrado). Presentación dos documentais “As Patifas” e “Os mares doces de Galicia”.

p(subtitular). DOMINGO 15 DE ABRIL

p(sangrado). Exposición de automóbiles antigos polas rúas centrais e pasarrúas con pallasos, zancudos, malabaristas, o grupo folclórico “Xarandeira” e a charanga “Apeles”.

p(leyenda). 13,00 horas no Salón de Sesións

p(sangrado). Letura do pregón. Como pregoeiro estará Jorge Mira, fisico e colaborador do programa “Cifras e Letras” da TVG.

p(leyenda). Carpa do Peirao

p(sangrado). Degustación da lamprea

O custo de moitos destes actos é asumido pola Xunta de Galicia como o de moitos nos últimos acontecementos festivos (festas do Carmen, programación de Nadal, Cabalgata de Reis, San Xulián, etc..)

Petición: “impactos” na prensa

Unha das funcións de esta web é que calquera veciño poda solicitar información, anunciar calquera cousa, a outros veciños. E vou a empregar esa función:

A miña moza ven de levar a comunicación da inauguración dunha tenda da franquicia galega Nanos, de roupa para nenos, en Sevilla, apadriñada esta inauguración pola modelo Laura Sanchez e o seu home, o futbolista Aitor Ocio.O seguemento por medios rexionais (televisión, prensa, radio) aquí en Andalucía foi moi grande. Como o comunicado de prensa foi enviado tamén a medios galegos, ela necesita saber en que medios galegos publicouse a nova.

Dende aquí non temos acceso ós xornais galegos en papel, polo que a miña petición e sinxela: Si alguén ve estos días unha nova nalgún xornal sobre este evento pode indicarnos O xornal e a data de publicación.

Sin más agradecendo calquera axuda, despidome cun saudiño.

Antonio Cortés

P.D.: Calquera petición/anuncio/comunicado podese enviar, coma sempre, a redaccion@pontecesures.net. As respostas a este directamente á miña dirección antonio@pontecesures.net ou coma un comentario nesta páxina.

A Deputación de Pontevedra contrata dous peóns para traballar ás ordes do concello de Pontecesures.

deputacion.jpgDentro do Plan de Actuacións Diversas 2007 da Deputación de Pontevedra este organismo contratou aos peóns Natalia Potel Saborido e José María Martínez Caamaño por tres meses para realizar tarefas nos servizos municipais (a Deputación aporta o 75% do custo, mentres o concello o 25%). O propio órgano provincial presentou unha oferta de emprego na oficina de emprego de Vilagarcía e logo as persoas preseleccionada despois da sondaxe foron entrevistadas para decidir as dúas persoas elixidas

Supermercados Moldes precisa persoal para o establecemento que vai abrir en Pontecesures.

No baixo edificio situado na rúa José Novo Núñez (edificio construído por Castro de Marzá), Supermercados Moldes vai abrir un establecemento e precisan contratar aproximadamente unha ducia de traballadores. Os interesados/as deben dirixirse á Casa do Concello e inscribirse para seren aspirantes ou na oficina do Técnico de Emprego, ou nas oficinas xerais. A empresa quere entrevistar logo,a través da súa dirección de recursos humanos, o maior número de persoas posible para logo realizar a selección.
LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

Novo administrativo para o obradoiro de emprego.

Por renuncia da titular Ana Luz Tarela Barreiro (pasa a ser traballadora da Xunta), o xoves día 22 de marzo comeza a prestar servizos como administrativa do obradoiro Carmen Iglesias González que reside en Pontecesures. Esta traballadora fora a segunda nas cualificacións do Grupo de Traballo Mixto logo da baremación e da entrevista celebrada na Delegación de Traballo de Vigo en xaneiro pasado.