Concedida unha subvención para seguir contando cun axente de emprego e desenvolvemento local.

Para seguir contando con este posto no concello, solicituouse unha subvención á Consellería de Traballo e Benestar ao abeiro da Orde de 31 de agosto de 2009 dentro do Programa Operativo “Fomento do Emprego”.

Pois ben; no día de onte a xefa territorial da consellería en Vigo, Carmen Bianchi Valcarce, comunicounos a concesión dunha subvención de 21.562,90 euros que equivale ao 79,76% do custo laboral total deste traballador durante un ano incluida a cotización laboral á Seguridade Social.

Con satisfacción recibe a nova o goberno local, xa que a continuidade do axente de emprego e máis necesaria que nunca nestes tempos de incremento do número de desempregados e cando vai comezar un obradoiro de emprego que demanda unha atención preferente.

Pontecesures, 16/12/09
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais

Os internautas prefiren o Centro de día

gráfico
A enquisa sobre o que desexan os internautas que se faga nas antigas casas dos mestres “marcha” cun bo ritmo de participación. En poucos días xa teñen participado 63 internautas.

Os resultados están a ser claramente favorables a prol do centro de día frente as outras opcións, así:

Centro de Día para maiores 47 votos, o 73 % do total

Albergue para peregrinos 16 votos, 0 25 % do total

Outros usos 1 voto, case o 2% do total.

Non obstante o BNG anima a seguir participando libremente aos internautas sobre esta cuestión, que non é menor.

Menos para emerxencias, para todo

pick-up

O BNG quere manifestar o seu malestar e o dos veciños de Pontecesures pola utilización que dende o concello se lle está a dar ao vehículo de emerxencias pick-up, xa que estamos a obsevar nestos días que operarios do Servizo Municipal de Obras do concello o están a usar para baldear camiños municipais. Nos cremos que esta non é a finalidade para a que se concebíu este vehículo.

Dende o noso grupo xa denunciamos publicamente que en 2 incendios que se produciron recentemente no noso pobo non intervira esta pick-up porque non estaba posta a disposición da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tendo que actuar nestos operativos a motobomba e a pick-up do concello de Padrón.

Temos constancia de que a Agrupación de Protección Civil ten practicamente vetado o uso deste vehículo, o que é inaudito.

O BNG solicita unha vez máis ao concello que esta pick-up sexa cedida en uso aos voluntarios de Protección Civil para que estea dispoñible para emerxencias. Ao mesmo tempo instamos á autoridade da Xunta de Galicia competente nesta materia, que foi a que subvencionou este vehículo, que controle a correcta utilización destes medios.

Lista provisional de candidatos a director do obradoiro de emprego.

Agulla Luna, Beatriz. Non cumpre
Cambeiro Lestón, María Dolores. 1,64
Esperón Salgueiro, María Teresa. Non cumpre
Fernández Fernández, Daniel. 3,10
Ferro Varela, Purificación. 4,55. Activa
García Rodríguez, Anselmo. Non cumpre
González Lestón María del Carmen. 4,06
Iglesias Toimil, María. 1,14
Lago Crespo, Victoria Eugenia. Non cumpre
Lambas Cid, Paloma. 4,39. Activa
Loza García, César. Non cumpre
Martínez Latorre, Adolfo. 2,59
Navarro Ramón, Laura. Non cumpre
Parada Portas, Rosario, Non cumpre
Paz Antón, Daniel. 3,84. Activo
Piñeiro Rey, María Dolores. 4,62. Activa
Pose Rodríguez, Antonio. Non cumpre
Prol Rejo, Milagros. 2,93
Rejes Canoira, Isabel. 3,03
Sampedro Reiriz, Juan José. 0,49
Saso Vías, Javier. 3,96
Veiras Fuentes, María José. 0,85

Os puntos son os do currículo é ??Activa? ou ??Activo? significa que nesta data están a traballar.
O día para as alegacións será o 2 de decembro no departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar Social en Vigo.
O resultado final da baremación e o listado coas persoas que pasan á entrevista publicarase o 9 de decembro.