Nós e o medo ante a dereita.

Xabier Ron é profesor no CPI Pontecesures.

Non é doado falar do medo. “O medo garda a viña e non quen a vindima”, “O que ten cú, ten medo”, recóllese no Refraneiro galego de Taboada-Chivite. O saber popular sempre deu forma de sentenza ao medo: quizais, unha forma de dominalo.

O medo maniféstase. Exprésase. E cando se impón ao resto das nosas emocións, asoballándoas, fainos actuar. De que forma? Esa é unha interesante cuestión que ten tantas respostas como persoas hai.

Pode que me equivoque, pero, nas diferentes manifestacións, concentracións e protestas vividas o domingo 19 de febreiro e o xoves 23 de febreiro, en contra da reforma laboral e en contra da reforma da función pública, podía albiscar na unión daquelas persoas o desexo de vencer o medo. O colectivo como protección. O N?S que resgarda ao EU dos adversarios exteriores que o circundan.

Outra cousa é a utilidade, hoxe que todo se move en rendibilidades, dos nosos actos. Só como exteriorización dun enorme descontento fronte ao que é inxusto? Como demostración “interesada” de que é posible ir máis aló nas futuras accións de protesta?

De todo puiden escoitar. Mesmo un amigo espúxome un rápido discurso non improvisado sobre as folgas xerais en Galicia e sobre as condicións para o seu éxito ou non. Os sindicatos mesmo están organizando charlas pedagóxicas nas súas asembleas e centros de traballo para comprobar o grao de implicación das bases nunha suposta folga xeral. Está ben comprobalo. Faise porque existe temor. Os dirixentes temen un posible fracaso na convocatoria e, xa que logo, a posible des-posesión de instrumentos que presentar aos belixerantes políticos da dereita para convencelos de que están equivocados.

Non se cometa, de todos os xeitos, o erro de tratar unha folga xeral coma se esta fose un fin en si mesmo. Como se non existisen outras modalidades de resistencia e de confrontación. A folga xeral debe ser un medio para demostrarlle a quen elabora normas inxustas que se equivoca e que debe retroceder. E sabedora de que isto é así a patronal quere conculcar ese dereito.

Diversas circunstancias serven para, en cada un de nós, dar forma ás nosas dúbidas, aos nosos temores, aos nosos medos. E esas circunstancias dan e quitan sentido á nosa vida. Por iso, hoxe, cando o presente se conxuga de forma inestable e veloz, non debe causarnos abraio o permanente temor perante o futuro. Os propios belixerantes sábeno: describen con fatalismo as letras do noso futuro co fin de ir modelando e esculpindo as imaxes do medo no noso interior. O propio Séneca advertíanos contra isto: “Calamitosus est animus futuri anxius” (Desgraciado é o espírito angustiado polo futuro”).

A ese medo responden as conversas sobre o vindeiro mes de marzo, sobre o momento posterior ás eleccións andaluzas e asturianas, sobre o momento no que se anuncien os orzamentos para o 2012. Os axentes neoliberais e os da dereita que nos malgobernan non desaproveitan ocasión para introducir a perspectiva fatalista perante o futuro, mesmo ante o micrófono supostamente pechado, eloxiando a capacidade de abnegado sacrificio do pobo que supostamente aceptaría resignado os sacrificios necesarios para sacar “España” da crise. Todo está perfectamente estudado. Calculado. Coma nun xogo militar no que se trata de ir introducindo pezas nas liñas inimigas para, no momento oportuno, dar o golpe conquistador. Xogan co medo do pobo.
Como suxeitos, indivíduos situados fronte a unha situación de incertidume, de temor á perda do que se ten (unha mínima seguridade laboral para facerlle fronte aos gastos da vida), é factible que decidamos non facer nada que presupoña desestabilizar esa delicada estabilidade. Unha amiga, cando debatíamos sobre se faría ou non folga no caso de convocarse de forma unitaria (todo o que non sexa unitario é un erro, ou como di un amigo historiador, un rito; téñase en conta onde se desenvolve o escenario principal na toma de decisións sobre a reforma laboral), alporizouse e díxome: “olla a prensa de hoxe e verás como mesmo os sindicatos, que afirman desexar tumbar a reforma laboral, xa a están aplicando cos seus propios traballadores……entón, por que teño que arriscarme e perder o que me queda?”.

E é que semella que os efectos de castigo derivados dunha folga serán superiores aos efectos beneficiosos. Por iso, a resignación, a abnegada obediencia ás imposicións (algúns poden chamalo mesmo prudencia) poden impoñerse aos desexos de loita, de reparación, de xustiza, de traballo digno e con dereitos.

E pode ser certo. Por que, en caso de facerse unha folga xeral como ditan os cánones de loita obreira (con unidade sindical, coa cooperación da forza política da esquerda, coa pedagoxía necesaria para paralizar o consumo enerxético e a produción do país), quen nos garante que o PP vai escoitar ao pobo? Alguén escoitou o que berrou durante incesantes días e noites o pobo grego? Modificou unha liña dos documentos Sarkozy despois das numerosas e concurridas manifestacións e folgas que paralizaron Francia durante días e días?

Que nos queda entón? Aceptalo, sen máis?

Eu digo non. Cómpre camiñarmos xuntos, vencendo ese medo que nos afoga cando estamos sós. N?S somos algo máis ca unha suma desconexa de persoas. Podemos debuxar un escenario ideal: comezamos desde xa cun clima permanente de mobilización nos centros de traballo (peches (incluídos centros de ensino) e redución/paralización das cadeas de produción por sectores, etc.); animamos a unha derrota da dereita en Andalucía e Asturias, e lle engadimos unha convocatoria unitaria de folga xeral, de seguemento masivo, que dure algo máis ca un día, que poña os luminosos indicadores de consumo enerxético cáseque a cero, que paralice o consumo, que obstaculice o xogo especulativo dos mercados: todo isto…, que efectos tería?

En todo caso, o futuro a medio prazo pasa pola conquista dos escenarios onde se toman as decisións que máis nos afectan. O control das institucións europeas, dos países europeos dominantes, o estado español e o noso país está en mans da dereita e das oligarquías financeiras. Mentres iso suceda, nada se pode facer.

Por iso, considero que os procesos constituíntes do novo futuro, que deben dar corpo a unha nova democracia, pasan pola re-conquista do imaxinario social (educación, cultura, información,…), e onde a mobilización permanente, crítica e constante da clase traballadora se una á conquista das institucións onde se elaboran as leis, para que estas sexan voz do corpo social da maioría.

Xabier Ron
Galicia Confidencial 27/02/12

“O que está a ocorrer en Herbón obedece a unha mala información do concello”.

O superior do convento franciscano, Roberto Freire, relatou en Radio Obradoiro como se chegou á tensión actual pola solicitude de declaración da abadía como BIC // Ven de poñer unha denuncia na Garda Civil pola morte por envelenamento dun dos cans do convento

El Correo Gallego recolle este martes un suceso rexistrado o pasado domingo no convento de Herbón, en Padrón: a morte por envelenamento dunha das mascotas da abadía. En Radio Obradoiro, o superior do convento, o franciscano Roberto Freire, explicaba que as tensións que desembocaron neste desgraciado suceso se remontan ó pasado 23 de xaneiro, “cando houbo unha reunión no concello para falar da solicitude de declaración da abadía como Ben de Interese Cultural. Ese mesmo día pola noite recibín unha chamada telefónica na que o interlocutor ameazaba con matar ós cans do convento. ? día seguinte repetiuse a chamada, e o pasado 24 de febreiro produciuse un primeiro envelanemento, pero chegamos a tempo”.

Non tiveron esa sorte este pasado domingo, e Alma, a cadela que participaba en programas de terapia con nenos autistas e persoas con Alzheimer, morría logo de inxerir estricnina. Onte interpuxeron a correspondente denuncia na Garda Civil. O superior do convento expresaba a súa preocupación polo feito de que, igual que lle tocou a un can, lle puidera tocar á xente de Amipa.

Segundo Roberto Freire, a oposición dalgúns veciños á solicitude de declaración do convento como BIC “só é procedente da mala información. Cando se fixo esa solicitude, na súa resposta Patrimonio presentou unha zona máis ampla da solicitada para a súa protección. Sen embargo, esto non lle foi ben explicado ós veciños, e chegáronse a dicir cousas que non son certas como que se tiñan que tapar os invernadoiros con tullas ou que se ía cambiar a calificación do solo”. O superior do convento de Herbón pensa que o goberno local ten responsabilidade no que está a acontecer, precisamente por non falar cos padroneses sobre esas diferencias entre a solicitude orixinal e a resposta de Patrimonio, “cando transcorreron dous meses dende que lle chegou o expediente ata que se produciu a primeira reunión”.

Freire insistiu en que “non se poden converter as alegacións nunha defensa do pemento, como se nos tiveramos algo en contra. De feito, foron os franciscanos os que trouxeron o pemento a Padrón”.

EL CORREO GALLEGO, 06/03/12

Hace años sí se dieron casos tanto en las carreteras de O Grove como en Pontecesures.

Hace unos años, cuando se puso de moda lo de grabar vídeos y colgarlos en Internet para que todos fueran testigos de las cuestionables odiseas de algunos, se subían a menudo grabaciones en las que tanto las imprudencias al volante como las carreteras ilegales protagonizaban los vídeos. Así fue cómo se supo de algunos casos en la comarca.

O Grove

Carreras en Teniente Domínguez. Por una grabación en Internet se supo hace unos años de la existencia de carreras ilegales en O Grove, en concreto, en la carretera de acceso al puente de A Toxa. Como a raíz de esas grabaciones los agentes pudieron en muchas ocasiones identificar y, por lo tanto, denunciar a los autores de esas infracciones, pronto cayó en desuso esa costumbre, pero la grabación en Teniente Domínguez todavía está registrada en YouTube.

Pontecesures

Junto al muelle. Vecinos de Pontecesures residentes en las inmediaciones del muelle llamaron la atención hace unos años sobre la presencia de coches que hacían trompos y carreras en las cercanías del río, en las inmediaciones de los pubs que hay en zona portuaria. Esas carreras no solo suponían un peligro para sus protagonistas, sino que también molestaban a los vecinos porque los coches rugían sus motores hasta altas horas de la madrugada. En cuanto se denunciaron los hechos, dejaron de repetirse.

LA VOZ DE GALICIA, 06/03/12

Campamentos de verán da Xunta de Galicia 2012.

Ao abeiro da Orde do 29 de febreiro de 2012 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 45 do 05/marzo/2011) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A VERÁN-2012? para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos remata o vindeiro 20 de marzo, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

 

El frío retrasó la plantación a cubierto de pimientos de Herbón.

La sequía también se deja notar en la tierra de los invernaderos, según cuentan productores de Padrón.

El frío y las heladas de febrero retrasaron un poco la plantación en invernadero de pimientos de Herbón, en Padrón, por lo que, iniciado el mes de marzo, aún hay mucha planta sin cultivar a cubierto, a diferencia de otros años. Así lo cuenta uno de los productores adheridos a la Denominación de Origen Protegida, de la firma Evangelina, aunque en su caso ya tiene casi todos los invernaderos plantados (en torno a 3.500 metros cuadrados de superficie).

«A xente colleulle medo as xeadas e por iso aínda queda moito por prantar», dice. No obstante, en estos días es probable que la mayor parte de los productores de Herbón hagan la plantación de los pimientos, el primer paso en la campaña de este año. «O tempo estuvo malísimo, ata para plantar», opina este vecino de la parroquia. Habla no solo del frío y las heladas que, afectan y mucho incluso dentro del invernadero, pero también de la sequía, que hasta se nota en la tierra que está bajo plástico.

«A terra non ten a humidade que tiña que ter, por moito que regas non está como debería». Quizás por ello, los pimientos que plantó hace un mes «non adiantaron nada», más allá de «facer raíz, que xa é algo», lo que le vale y mucho a partir de ahora, cuando llegan los días grandes y, por tanto, con más luz. «O trago malo xa o pasaron e agora que están prantados é o que lle fai falta: luz e calor, sobre todo polas noites».

Pese al mal tiempo que coincidió con la plantación, este cultivador confía en recoger los primeros pimientos a mediados del mes de mayo, como siempre, por lo que habla de que, finalmente, «non vai haber atraso ningún», al contrario, señala, porque fue de los pocos que se atrevió a plantar tan pronto.

Temperaturas

En cuanto a la diferencia de temperaturas entre la más baja de la noche y la más elevada de mediodía, este productor señala que no le favorece al cultivo, sobre todo, cuando se trata de la recogida de modo que la oscilación de frío y calor contribuye, en el último caso, a dar picor.

Pero hasta la producción faltan tres meses ya que, por ahora, Herbón inicia el proceso con la plantación a cubierto de las plantas que cultivaron en los semilleros. Entre abril y mayo harán, además, la plantación al aire libre y, entonces, el trabajo para los cultivadores será máximo.

LA VOZ DE GALICIA, 04/03/12