La ADR Ulla-Umia promocionará a la comarca en la feria Exponatural 2007 de Madrid.

La comarca Ulla-Umia estará presente, a traves de la ADR, en la XIII edición de la Feria Nacional del Turismo Rural, Deporte de Naturaleza y Aventura (EXPONATURAL 2007) que ayer comenzó en Madrid y que se clausurará mañana. Este evento reúne a más de 300 expositores y se estima que será visitado por más de 60.000 personas este fin de semana.

(más…)

O reloxo da igrexa todavía indica o horario de verán.

A pesar de que o sábado pasado houbo cambio de hora, o reloxo da igrexa aínda conserva o horario antigo. Isto, que xa sucedeu noutras ocasión, foi comunicado á empresa de Vigo encargada do mantemento do equipo. O reloxo realiza o cambio automáticamente ó recibir un sinal de radio, pero parece ser que lle afectan negativamente as numerosas interferencias con varias antenas para os diversos servizos. Espérase que a principios da semana que ven estea solucionada esta deficiencia.

Por outra banda, atópase afundida a luz da esfera do reloxo. Tamén se deron instrucción para a súa reparación.

Chamada ó entendemento dos concelleiros non adscritos ás forzas políticas sobre o tren de cercanías.

NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES.

Ante as últimas novas sobre este tema (manifestación de colectivos, debates no Parlamento de Galicia, etc..), os concelleiros non adscritos de Pontecesures (Luis Angel Sabariz Rolán e Alfonso Diz Villar) queremos facer un chamamento a tódalas forzas políticas para que se valore a necesidade de manter e potenciar o tren de cercanías pola vía actual entre Santiago e Vilagarcía. Pouco importa agora de quén parteu a iniciativa ou quén aporta máis argumentos (todos somos coñecedores disto). O fundamental é conquerir un servizo en beneficio de tódolos cidadáns da comarca.

(más…)

Total normalidade nesta xornada de visita ós cemiterios.

Nun día espléndido celebrouse en Pontecesures o día de Todolos Santos no que tradicionalmente as familias visitan os cemiterios para honrar os seus defuntos. A xornada desenvolveuse cunha total normalidade tanto no cemiterio municipal de Condide (en cuxa capela celebrouse unha misa ás 16,30 horas), como no parroquial de San Xulián (na capela do Pilar a misa foi ás 18,00 horas).

(más…)