O pásado sábado día 11 celebrouse por oita vez consecutiva, unha nova edición do anticamiño de Santiago.
Composto na súa maioria polos xogadores do C.B Pontecesures de basket e algún que outra «perxonaxe», marca este feito o comezo da tempada de baloncesto para o equipo xenior. Continua así unha tradicción que data do ano 1999, cando Xoxó Abalo, Fernando Peñaño, Chus Abalo e Roberto M. Camoiras «Sapo», fundadores orixinais da idea e do anticamiño de Santiago, comezaran o que co tempo se convertiría nun ritual de obligado cumprimento, tódolos agostos dos posteriores anos.
Este ano, a pesar da falta dos irmáns Abalo Piñeiro e do Carlos o Xurelo, culminaron a viaxe sete amigos, sete compañeiros, unha camiñata que comezou en Santiago ás doce do mediodía e rematou, logo de 27 «repostaxes» , na Adega a Pía (a pesar de Canducho) ás dúas da mañá, onde degustaron un dos seus excelentes «manxares».
Foron moitos os ánimos que recibiron, durante e despois da viaxe por parte da xente que os arengaba. Xa se está a preparar unha nova edicción, a IX do 2008, na que se espera e invita a todo o que queira participar no que cos anos se convertirá nun importante evento, se non o é xa.