Sae á rúa o cartel da «I Festa do Churro de Pontecesures».

Dentro das Festas do Carme 2008, o luns día 7 da xullo, a partir das 21:00, terá lugar na Plazuela a Festa do Churro de Pontecesures, con degustación de balde para nenos/as e maiores de churros con chocolate. Para amenizar a festa actuará o trio musical cesureño «Los Soprano» e as churrerías artesanas que colaboran son: BENEDICTA (Benedicta Llerena Limeres), FINA (Josefina Jamardo Doce), ISOLINA (Isolina Lafuente Vidal), JAMARDO (José A. Jamardo Doce), PATRI (Patricia Constantino Dasilva) e SANDRA (Sandra Lafuente Vidal).

Organiza: Concello de Pontecesures
Colabora: Padroado de Turismo «Rías Baixas»

Seis churrerias cesureñas participarán na «I Festa do Churro».

Serán as seguintes:

Churrería artesana PATRI.
Churrería artesana SANDRA.
Churrería artesana JAMARDO.
Churrería artesana FINA.
Churrería artesana ISOLINA.
Churrería artesana BENEDICTA.

A 1ª edicíón da Festa do Churro celebrarase na plazuela o luns do Carme (día 7 de xullo), de 21 a 23 horas. Serán repartidos churros de balde con chocolate.
Animará a festa o trio musical «Los Soprano» de Pontecesures.

Gran cea baile da peña de quinielas do Bar Choco de Porto.

Será o sábado día 28 de xuño a partir das 22:00 co seguinte menú:

-Empanada
-Pulpo con patacas
-Carne ó caldeiro
-Postre
-Viños e refrescos
-Cafés e licores

Para os socios da peña, a cea e de balde. Cada socio que leve un acompañante deberá abonar 24 ? pola cea deste. Os non socios deben abonar 35 ?.

Haberá un grupo musical, e a cea será servida baixo unha carpa no lugar de costume da praza dos Valeiros de Porto.