M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017: 4º CONCERTO DO CICLO O SÁBADO 19 DE AGOSTO.

Este sábado 19 de agosto ás 20.00 horas na Capela de San Xulián levaráse a cabo o 4º concerto do ciclo M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017 protagonizado polos compoñentes da Escola de música de Valga (Esmudeval), que con esta actividade finalizan este ciclo de 4 concertos en distintos lugares de Pontecesures (2 en xullo e 2 en agosto). Estes concertos están subvencionados pola Deputación de Pontevedra.

NOVA SINALIZACI?N DO CAMI?O DE SANTIAGO EN PONTECESURES.

O Concello de Pontecesures ven de instalar unha nova sinalización a carón do Camiño Portugués, polo que transitan milleiros de peregrinos que atravesan o noso pobo.

Baixo o lema ??Mesma distancia, máis servizos? os peregrinos que fagan o tramo do camiño portugués encontrarán indicacións ou desvíos alternativos que discorren polo casco urbano do pobo a fin de que poidan dispoñer, tal e como indican os paneis, de servizos como restaurantes, farmacia, comercio ou lugares de interés.

O Camiño Portugués atravesa Pontecesures de sur a norte ó longo de 3,8 Km e dende o concello tíñase constancia de que moitos dos peregrinos ignoraban que contaban con servizos adicionais. A colocación destos paneis informativos fai que con un recorrido semellante, os milleiros de peregrinos poidan disfrutar da riqueza etnográfica, paisaxística e dispor de servizos básicos sin que supoña incrementar a distancia que teñan que cubrir andando.

Paralelamente está previsto mellorar a sinalización  indicativa da proximidade do albergue de Pontecesures, colocando paneis informativos coa distancia á que se encontra e posibilidade de descarga de mapas do pobo con código QR.

El Concello de Pontecesures reforma Carreiras y el sistema de depuración de aguas.

Esta semana han comenzado las obras de remodelación en Pontecesures. Se están reurbanizando dos tramos del camino de Carreiras: está en marcha una renovación del pavimento y la rehabilitación del lavadero. Asimismo, se mejorará el sistema de depuración de la red de abastecimiento del agua potable. El coste de ambas obras es de 160.000 euros y son financiadas por la diputación.

La Voz de Galicia