O BNG de Valga propón a construción dunha residencia de maiores pública
O BNG de Valga pide ao Concello que aborde c certa urxencia un plan para dotar ao municipio dunha residencia de maiores pública.
Consideran que a localidade sofre “un forte envellecemento da súa poboación, cunha porcentaxe de persoas maiores de 65 anos que acada o 25%“. En ese contexto, propoñen reforzar os coidados no fogar, ampliar o SAF e que o pagamento sexa asumido integramente pola Xunta.
Tamén piden crear un “centro residencial de titularidade e xestión pública” que evite que moitas familias teñan que buscar solucións fóra do concello ou asumir custes elevados en centros privados.
Os nacionalistas suxiren que se constrúa nos terreos do vello campo de fútbol de O Pino. Critican que o goberno teña as súas prioridades noutras partes, como a construción dun parque acuático en Porto Piñeiro.
Fonte: La Voz de Galicia
0 comentarios