Ante a nota feita pública polo goberno local de Pontecesures en canto á instalación do alumeado de Nadal, queremos matizar o seguinte:
1. Reiteramos que o 3 de decembro alguén do goberno local anunciou nun medio de comunicación que en Pontecesures este ano non ía instalarse este alumeado por tratarse dun gasto superfluo. Non sei a que ven agora o goberno a liar a situación con desmentidos cando a afirmación foi categórica. No lío metéronse eles pola súa descoordinación, as queixas veciñais foron un clamor e así o goberno tivo que rectificar a súa primeira decisión.
2. Para xustificar a metedura de pata, veñen a comparar agora o gasto deste Nadal 2011 co realizado polo goberno anterior en 2010 (o das empresas externas), inducindo á confusión. Ben, o goberno actual gasta 1.500 euros segundo as súas informacións, e o goberno anterior gastou 2.898 euros, pero tamén hai que dicir que neste 2011 os 1.500 euros son para instalar 5 arcos nas rúas centrais, mentres os 2.898 euros do ano pasado foron para instalar 10 arcos nas rúas centrais, 3 arcos máis en outras rúas e outros 8 adornos para complementar o alumeado municipal que se colocara nos distintos lugares de Pontecesures. Que quede claro.
Pontecesures, 21/12/11
Maribel Castro Barreiro (IP)
Luis Ángel Sabariz Rolán (ACP)

