Ruta de sendeirismo ??Ollando o Ullán ??en Pontecesures

goza-do-ulla-PONTECESURES-2013-WEB

O vindeiro domingo 1 de setembro terá lugar esta ruta que discorre por diversos lugares de Pontecesures,e inclúe as subidas polas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras, pasando polos Petroglifos de Campo Redondo e polo Mirador da Galiñeira.

Esta ruta está incluida dentro do Programa GOZA DO ULLA que comparten outras que percorren distintos concellos bañados polo río Ulla.

A duración estimada desta ruta é de 5 horas.

Inscricións ata o 31 de agosto no teléfono 986 564 410 ou no mail xuventude@pontecesures.org

Lugar e horario de saída: A Plazuela ás 9.00 horas.

Morreu Josefa García Castaño.

Aos 85 anos finou esta veciña de San Xulián (rúa Outeiro nº 20), viúva de Cándido Iglesias García.
O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá martes 27 de agosto, ás 19 horas terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. Logo os restos mortais recibirán sepultura no cemeterio parroquial de San Xulián.
Descanse en paz

Lesión importante dunha xove na verbena de Porto do venres pasado.

Sobre as 4:30 horas da madrugada do venres ao sábado, a xove Noelia García Lesende, de 22 anos, monitora do Extrugasa Río Ulla de baloncesto, pisou un vaso roto no solo da Praza dos Valeiros e lle seccionou o tendón de aquiles dun nocello.

Coa ferida, e cun torniquete de emerxencia, foi evacuada áo PAC de Valga. O sábado foi intervida cirurxicamente no CHUS de Santiago de Compostela e a súa evolucion é favorable.

A voz de Borobó presideu onte en Boiro a homenaxe ó escritor e xornalista.

bovi

A viúva de Borobó, Carlota Paz, estivo no acto.

Tres xóvenes actores fixeron unha lectura teatralizada da obra ??Quen matou ó Meco???

Numerosas persoas asistiron onte na casa de cultura de Boiro á homenaxe a Raimundo García Domínguez, Borobó, organizada polo colectivo cultural que leva o seu nome.

O acto consisteu nunha mesa redonda na que o catedrático da USC Claudio Rodríguez Fer, o historiador Xoán Guitián e o poeta e director do grupo de teatro Airiños de Rianxo, Xesús Santos, fixeron un achegamento á vida e personalidade do escritor (fillo adoptivo de Boiro).

Previamente, proxectouse un vídeo no que o propio Borobó facía un percorrido pola súa vida, recordando que era asiduo lector de xornais xa dende neno e que rematou a carreira universitaria en vísperas da Guerra Civil.

EL CORREO GALLEGO, 25/08/13