Aos 92 anos de idade finou no día de hoxe esta veciña de Vilar (Cordeiro) nai de Mª Dolores Deira Comparada que é a dona do alcalde de Valga, José María Bello Maneiro.
O velorio está instalado na Sala 2 do Tanatorio de Cordeiro. Mañá venres 16 de agosto, ás 11:30 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Santa Columba de Cordeiro e logo os restos mortais recibirán sepultura no camposanto parroquial.
Descanse en paz.
Nota da ACP sobre a Escola Infantil Municipal de Pontecesures.
Xa é coñecida a crítica desta agrupación porque a gardería municipal leva pechada dende o 1 de agosto pola nefasta xestión do goberno local ao demorarse a nova adxudicación do servizo á empresa adxudicataria logo de rematar as tarefas a empresa anterior. Había uns 17 nenos/as que ían a acudir en agosto á escola infantil e os seus pais con decepción tiveron que atoparr unha solución de emerxencia para coidar aos seus fillos xa que o anuncio do peche por parte do concello foi só dous días antes de producirse (o 30 de xullo). Houbo numerosas queixas porque se isto é o que fai o goberno para conciliar a vida laboral e familliar como continuamente anuncia, apaga e ímonos.
Pero é que o día 1 de agosto, a concelleira Cecilia Tarela manifestou, con motivo da entrega das chaves da gardería por parte da antiga empresa, que a escola ía abrir o 19 de agosto, pero con sorpresa desagradable para todos isto non vai ser así, porque dende o concello se está a chamar aos pais para dicirlle que a apertura será o 26 de agosto no mellor dos casos. Agora non son cuestións burocráticas como dícia o noso goberno, agora é, ao parecer, que hai humidades no edificio que afectan ás paredes é que hai que corrixir.
A indignación de varios pais/nais vai en aumento, e ninguén entende porque nestes días de agosto estivo o edificio pechado e sen actividade e descobran agora o problema das humidades.
A ACP considera lamentable todo o que está a suceder neste tema da escola infantil e así manifesta:
1. Que non sabemos a que ven este obscurantismo na xestión e porque non se lle explica á oposición o que está a suceder. Só somos convocados para actos protocolarios sen máis.
2. Que demandamos información do que está a suceder coa subrogación dos contratos das traballadoras que pasan da antiga empresa á nova con todos os dereitos e quen vai abonar ás traballadoras a nómina de agosto coa gardería pechada.
En fin; que estamos cun goberno totalmente inoperante cun alcalde practicamente invisible, cun concelleiro de educación e servicios sociais desaparecido nesta tema da escola infantil, e coa concelleira Cecilia Tarela que non é quen de solucionar este lío no que meteu ao concello.
Entre reunións de traballadoras e sindicatos na Casa do Concello, entre recursos de empresas presentados nas oficinas municipais e entre informes e consellos das asesorias pasamos este mes de agosto e mentres tanto a gardería continua pechada. Dos nenos e dos seus pais parece que ninguén se lembra. E son os grandes prexudicados.
Pontecesures, 14/08/08
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
La guardería seguirá cerrada hasta final de mes para reparar humedades que afectan al edificio.
La Escuela Infantil de Pontecesures no reabrirá el próximo lunes. Esa era la fecha marcada para que la nueva adjudicataria, Fesán, comezara a prestar servicio tras concluir el pasado 31 de julio el contrato de la anterior gestora, Ana Naya S.L. Sin embargo, el gobierno local ya ha comunicado a los padres que la reapertura no tendrá lugar hasta el 26 de agosto ??no mellor dos casos?, revela el portavoz de ACP, Luis Sabariz, molesto por la falta de información y por la ??nefasta xestión do goberno local? que, desde su punto de vista, ha dejado sin guardería durante un mes a las 17 familias que tenían previsto matricular a sus niños en agosto.
El retraso guarda relación, al parecer, con deficiencias detectadas en el edificio municipal, en el que ??hai humidades que afectan ás paredes e que hai que corrixir?, comenta Sabariz. El edil indica que la ??indignación? de algunos padres ??vai en aumento? ya que ??ninguén entende? por qué no se atajó el problema de las humedades en los casi 15 días que lleva cerrado el centro.
Para ACP todo este embrollo es ??lamentable?, sobre todo por el ??obscurantismo na xesión? ya que ??non se lle explica á oposición o que está a suceder?. Luis Sabariz exige información sobre cuestiones concretas como la subrogación de los contratos de las trabajadoras y, especialmente, ??quen lles vai a abonar? la nómina de agosto. Más allá de esto, incide en que ??os nenos e os seus pais son os grandes perxudicados e deles parece que ninguén se lembra?.
A juicio del edil opositor, la problemática en torno a la guardería se debe a que ??temos un goberno totalmente inoperante, cun alcalde practicamente invisible, un concelleiro de Educación e Servizos Sociais desaparecido neste tema da escola infantil, e coa concelleira Cecilia Tarela que non é quen de solucionar este lío no que meteu ao Concello?.
Cabe recordar que fue el gobierno local el que decidió no prorrogar el contrato a Ana Naya, que tuvo que entregar las llaves de la guardería el pasado 1 de agosto. Ese día apareció a las puertas del centro una pancarta en la que se leía ??Ana Naya S.L. Os pais de Cesures non vos queremos. ¡Fóra!? y las empleadas se confesaron ??aliviadas? por el cambio de empresa ya que soportaban una gran tensión en el trabajo a raíz de varios conflictos.
DIARIO DE AROUSA, 15/08/08
El Coro Infantil Melodías de Pontecesures actuará mañana jueves 15 de Agosto en la misa de las Comuniones
Mañana 15 de agosto en la Iglesia Parroquial de Pontecesures a las 12 de la mañana, en la misa de las Comuniones, actuará el cesureño Coro Infantil Melodías.
Convidan á corporacion municipal aos actos oficiais das Festas de Porto.
A Asociación Cultural San Roque de Porto convidou aos integrantes da corporación de Pontecesures para asistir á Procesión de San Roque que sairá o venres 23 de agosto, ás 12 horas, da Praza dos Valeiros e á Misa Solemne que terá lugar na Igrexa de Pontecesures ao remate da procesión. Tamén convidase á corporación a degustar un viño galego ao regreso á Praza dos Valeiros onde haberá o concerto da banda de música.
