Resposta ás acusacións sobre o que está a suceder coa Festa do Churro.

Trata a concelleira nacionalista Cecilia Tarela de meterme no medio do problema que creou o goberno municipal cos titulares das churrerías de Pontecesures, acusándome de contaminar este tema da Festa do Churro e de que creo mal ambiente entre as churreiras e o concello.

Nada máis lonxe da realidade; este concelleiro, alarmado pola eliminación da festa no programa, denunciou con todas as súas forzas esta decisión por considerala moi negativa para o concello, para os titulares das churrerías e para os veciños en xeral. ? unha obriga da oposición denunciar estes feitos nos medios, para tratar de que un goberno totalmente ineficaz, como o que sufrimos en Pontecesures, reaccione e se celebre a festa que é o obxectivo que persigo.

Para nada tratei de influir na decisión das churreiras nin na súa postura. Nunca tratei de predispoñer a ningunha persoa ou colectivo contra o concello. Precisamente a que creou o mal ambiente foi Cecilia Tarela coa súa actitude o 20 de xuño cos artesáns do churro e un goberno municipal que non lle quere á festa, que a considera un trámite, e que non tiña unha postura clara o propio día 20 xuño, a tres semanas do evento. ¿A qué estiveron esperando para ter a reunión? ¿Por que foi só á cita Cecilia Tarela sen poder de decisión?. ¿Por que o goberno estivo cruzado de brazos dende ese día sen decidir nada?.

Non dí a verdade a Sra. Tarela en canto ao cartel da festa. ? certo que a Festa do Churro tivo un cartel específico noutras edicións, pero sempre, a maiores, foio incluído na programación xeral das festas do Carmen. Quere transmitir a concelleira que a festa ía celebrarse igual, pero entón, ¿Por que o 21 de xuño ordenou á comisión organizadora das festas que se retirase a Festa do Churro 2013 do programa xeral das Festas do Carme?.

En fin; seguen os despropósitos do goberno local. Agora resulta que se trata de culpabilizar da situación creada por eles a este concelleiro. Cada vez estou máis convencido: Se non chega a ser polo malestar das churreiras e polas denuncias da oposición quedabamos sen Festa do Churrro. Seguro.

Pontecesures, 30/06/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Una vaquilla hiere en una pierna a un hombre en Valga.

En la Festa da Xuventude, en Vilarello

Fue una jornada divertida con carreras de sacos, juegos populares y vaquillas la que disfrutaron este fin de semana los vecinos de Valga en la Festa da Xuventude. Pero a última hora del domingo a punto estuvo de empañarse cuando una vaquilla corneó a uno de los organizadores de la fiesta y le hirió en un muslo. Aunque según los testigos no fue muy grave, la víctima sangraba abundantemente.

LA VOZ DE GALICIA, 01/07/13

Un herido por asta de vaquilla en la capea celebrada en Valga.

La plaza de toros de Valga (mitad portátil y mitad fija) celebró ayer una nueva edición de su tradicional y concurrida capea. No faltaron la fiesta, la emoción y las risas, hasta que uno de los toreros con más experiencia de cuantos saltaron al ruedo sufrió una herida por asta de toro. El jefe de Protección Civil de Valga, José Manuel Otero, restó importancia a lo sucedido alegando que “fue más el susto y lo escandaloso de la herida que la gravedad de la misma, por lo que no se teme por su vida”. A pesar de ello fue trasladado al Hospital Clínico de Santiago.

FARO DE VIGO, 01/07/13

Espontáneos con mucho arte en Vilarello.

VALGA ENCIERRO VAQUILLAS /

Los espontáneos hicieron gala de su buen hacer en el ruedo, acercándose sin miedo a los animales, pero alguno se llevó algún que otro susto.

Llena hasta la bandera. Así estaba ayer la plaza portatil instalada junto a la playa de Vilarello. Apenas hubo que lamentar incidentes, aunque sí hubo algún que otro susto. Y es que los numerosos espontáneos que salieron al ruedo quisieron lucir una técnica no muy depurada que no agradó a las vaquillas, de la ganadería salmantina Sepúlveda de Yeltes. Lo que no faltó fue el buen humor y es que ayer en Valga la diversión estuvo garantizada tanto para los improvisados toreros como para el numeroso público que se acercó a ver el espectáculo.

DIARIO DE AROUSA, 01/07/13

A zona próxima á entrada da nave municipal de obras do Concello de Pontecesures en estado lamentable.

malenave

Nesta fotografía, pódese apreciar o estado do espazo municipal próximo a antiga entrada de cantería da nave de obras do Concello de Pontecesures. Maleza de más de metro e medio “adorna” esta zona, que tamén está a caron do CPI Pontecesures, do albergue de peregrinos e da escola infantil.

Vaia imaxe estamos a dar. Os membros do goberno, e os encargados de obras, comproban isto todos os días cos seus ollos diante dunha instalación municipal e pasan do tema. A inoperancia e a falla de planificación das tarefas municipais chama a atención aos veciños que se queixan a miúdo da xestión do goberno que temos.

Pontecesures, 29/06/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

O goberno recúa e o alcalde convoca ás churrerías de Pontecesures para o lunes. Nota da ACP.

Logo das denuncias da oposición e despois de coñecer a gran malestar de churreiros/as de Pontecesures pola eliminación do evento do programa das Festas do Carmen 2013, o alcalde convocou áos artesáns do churro para manter unha xuntanza a última hora do luns 1 de xullo para tratar, ao parecer, da VI da Festa que debería ter lugar o día 8 de xullo (festa local en Pontecesures).

Esta satisfeita a ACP de que o seu labor faga recúar a un goberno que amosou xa que non lle interesa o máis mínimo esta festa. Reacciona porque non lle queda máis remedio a “rebufo” das críticas da oposición e de moitos veciños. Xa se fixo un dano enorme á festa coa incertidume e ao non incluir o evento no programa de festa. Agora, alomenos, esperamos que haxa acordo na xuntanza do lunes 1 de xullo, e que a festa se celebre, “salvando os mobles”.

Resulta ademais sorprendente que dende a xuntanza do 20 de xuño cos churreiros/as ata o día de hoxe o goberno permanecera impasible pasando de todo e dando así orixe a todo tipo de comentarios que dividen aos veciños. Tamén resulta indicativo da desunión do goberno o feito de que o 20 de xuño comparecera na reunión para presidila só a tenente de alcalde nacionalista, Cecilia Tarela,que non posibilitou acordo algún e agora sexa o alcalde o que reaccione ante a problemática. En fin, estamos diante dun goberno desnortado, onde non se sabe quen toma as decisións, cun alcalde que vive fóra do municipio, e que deixa as cousas sempre para última hora e cunha concelleira de cultura que brila tamen pola súa ausencia. Realmente con tres adicacións exclusivas retribuídas non se entende tanta desgana e inoperancia.

Pontecesures, 29/06/13

Luis Ángel Sabariz Rolán