Pontecesures amplía a rede wifi gratuíta.

O Concello de Pontecesures instalou na praza do Coche de Pedra un servizo de wifi gratuito. Para poder acceder ao mesmo é necesario un rexistro de usuario que se realiza de forma automatizada.

A instalación realízase no marco do proxecto “Repoblar” promovido pola Deputación de Pontevedra. Deste xeito colocouse unha antena que da servizo gratuito de Internet a toda a praza do Coche de Pedra e as súas inmediacións.

Deste xeito, os vecinos e veciñas de Pontecesures, a través do seu portátil ou de calquer outro aparato electrónico con acceso a Internet só teñen que buscar as redes “Repoblar” ou “Iberbanda” e conectarse.

Na primera conexión abrirase unha pantalla na que se solicita o rexistro do usuario, para o cal deberase indicar nome, número de teléfono móbil e o enderezo electrónico; inmediatamente a persoa recibe unha mensaxe de texto no móbil co nome de usuario e contraseña que deberá empregar para poder acceder a Internet.

Este novo punto de servizo de wi-fi gratuito, súmase ao xa existente no entorno da biblioteca municipal.

 

Moción do grupo de goberno de Pontecesures de apoio aos traballadores de “Ana Naya García S.L.” empresa concesionaria da Escola Infantil Municipal.

Esta moción que vai ser debatida no pleno ordinario do luns 24 de setembro (21:00 horas) di, literalmente, o seguinte:

“Exposición de motivos:
Debido ao proceso que se está a dar nas relacións laborais entre a empresa ANA NAYA GARCÍA S.L. e todas as traballadoras e traballadores das distintas escolas infantís que ten en Galicia e no resto do estado español, e nomeadamente neste concello; as irregularidades con que se está levando a cabo; o método de negociación que se pretende aplicar, totalmente ilegal e desprezando á representación legalmente elixida; as presións, e baixo o noso punto de vista, a manipulación, que a empresa está a facer con todo este tema e, en definitiva, as graves consecuencias que pode traer para todo o persoal ó que a empresa propón (un convenio de empresa empeorando as condicións laborais e sindicais), consideramos que é necesario apoiar ás traballadoras e traballadores para deter estas prácticas polo que supón de ataque aos seus dereitos laborais, xa bastante precarios e, ao mesmo tempo un ataque importante ao importante servizo público público que están a prestar.

Por iso propomos ao Pleno da Corporación que se tome por parte do concello o seguinte,
ACORDO
Esixir a ANA NAYA GARCIA S.L. o cese deste tipo de actuacións q que comece a facer as cousas polas canles legalmente establecidas, é dicir, un porceso de negociación coa representación legal das traballadoras sen coaccións ou presións.

Pontecesures, 17 de setembro de 2012”

Valeiros en peligro de extinción.

Vedas, vertidos, multas, restricciones y el cormorán merman la capacidad de pesca de un colectivo cuya flota se reduce drásticamente año a año y que está cerrando una “frouxa” campaña de anguila // Una especie sin mercado, la lamprea, es la que les lanza con fuerza al ruedo mediático.

Saltan con fuerza al ruedo mediático una vez al año, cuando los grandes titulares y la literatura periodística ensalza el arte tradicional de la captura de la lamprea, una especie sin mercado y cuyo único cauce de comercialización es la venta directa a restaurantes especializados en su preparación. El resto del año, los valeiros del Ulla se enfrentan a vedas, zonas delimitadas, vertidos sin aclarar, restricciones de especies y horarios, multas y una naturaleza, a veces, adversa, que no remueve esos fondos en los que poder capturar las mejores piezas permitidas.

A punto de cerrar una “frouxa” campaña de la anguila y de enfrentarse al paro forzoso los meses de noviembre, diciembre y enero, los naseiros se sienten como una especie más en extinción y aseguran no comprender la rigidez de una legislación proteccionista que pone en jaque su futuro. Una conclusión a la que el observador llega tras escuchar las quejas del presidente de la Asociación de Naseiros de Carril, el cesureño Antonio Pesado. “Cando a maioría das embarcacións poden capturar as mellores anguilas non nos deixan traballar. A boa anguila está na basura, na profundidade dos muelles, nas augas frías… zonas vedadas. Temos que ir a desembocadura do río. A falta de riadas tampouco axuda… Explicámosllo a Medio Rural pero non o entenden ou non o queren entender”, explica.

EL CORREO GALLEGO, 21/09/12

A ACP solicita que sexa instalada dunha vez a Cruz de Infesta.

Na tarde do 13/07/12, desplomouse esta cruz causando pequenos danos a un neno que se atopaba xogando na zona e que, ao parecer, xa foron avaliados pola compañía aseguradora da responsabilidade civil do concello.

Os trozos na cruz quedaron espallados no seu día pola zona, e no pleno ordinario do 30 de xullo de 2012, a concelleíra de IP, Flora Ferreirós, solicitou que se colocase de novo a cruz e que, alomenos, foran rertirrándose xa os trozos de pedra ante o perigo que representaban nesta zona de Infesta, bastante concorrida pois por alí pasa o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.

Sorprendentemente, o concelleiro de obras, Ángel Manuel Souto Cordo, afimou no pleno que antes de colocar a cruz había que pedir un informe ao técnico municipal por se houbera responsabilidades dos compoñentes do grupo de goberno que tiñan competencias de xestión cando a cruz foi colocada xa que poidera ser que a obra fora mal executada.

Pois ben, hai que dicir que a obra de rahabilitación desta zona de Infesta na que incluía a colocación desta cruz foi executada dentro dun programa LEADER PLUS en 2006 (a cruz en concreto foi colocada en outubro de 2006) sendo presidente da corporación daquela o actual alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira e o técnico municipal é agora o mesmo que dirixiu esta obra en 2006.

Pois ben; solicítase a Souto Cordo que informe á opinión pública das conclusións do informe do técnico municipal e se hai responsabilidades na actuación do alcalde, doutros membros do goberno local de entonces, do técnico, da empresa instaladora, ou de quen sexa. Tamén instase a que, independentemente da investigación do concelleiro de obras, a cruz sexa colocada con toda urxencia. ? certo que os trozos foron retirados logo da pregunta plenaria, pero xa pasaron dous meses e a cruz non foi reposta permanecendo alí só a base. Un dato máis que nos amosa o abandono no que esta sumido o noso municipio con este goberno.

Pontecesures, 19/08/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures