Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Pontecesures amplía a rede wifi gratuíta.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

O Concello de Pontecesures instalou na praza do Coche de Pedra un servizo de wifi gratuito. Para poder acceder ao mesmo é necesario un rexistro de usuario que se realiza de forma automatizada.

A instalación realízase no marco do proxecto “Repoblar” promovido pola Deputación de Pontevedra. Deste xeito colocouse unha antena que da servizo gratuito de Internet a toda a praza do Coche de Pedra e as súas inmediacións.

Deste xeito, os vecinos e veciñas de Pontecesures, a través do seu portátil ou de calquer outro aparato electrónico con acceso a Internet só teñen que buscar as redes “Repoblar” ou “Iberbanda” e conectarse.

Na primera conexión abrirase unha pantalla na que se solicita o rexistro do usuario, para o cal deberase indicar nome, número de teléfono móbil e o enderezo electrónico; inmediatamente a persoa recibe unha mensaxe de texto no móbil co nome de usuario e contraseña que deberá empregar para poder acceder a Internet.

Este novo punto de servizo de wi-fi gratuito, súmase ao xa existente no entorno da biblioteca municipal.

 

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. manolo o do bombo

    Lastima dos 40,000 euriños que gastou o anterior goberno…

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán

    Xa dixen moitas veces que aínda que non participei no asunto do “wifi” (achegou a Deputación 30.000 euros, por certo, do importe total) e os meus coñecementos nestes temas son moi limitados, asumo, como integrante do grupo de goberno cando se fixo o investimento, a crítica, aínda hai que dicir que nas novas tecnoloxías os avances son constantes e co sistema Repoblar da Deputación o sistema quedou un pouco obsoleto en recepción do sinal e na velocidade na transferencia de datos. Tamén hai que facer constar que no “wifi”, que funcionou, non foi asumido logo o mantemento que é elemental para a continuidade do sistema.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.