Lembranza da visita de Manuel Fraga á Festa da Lamprea de 2004.

No día en que finou Don Manuel, lémbrome da súa visita á Festa da Lamprea de Pontecesures 2004. Aquí o vemos departindo co hispanista británico Ian Gibson, pregoeiro na XIX edición da festa no Alfolí de Pontecesures na presenza do alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira.
Pasouno ben aquela tarde Manuel Fraga en Pontecesures no almorzo oficial da festa. Ideolóxicamente Gibson e Fraga estaban nas antípodas pero as conversas entre os dous con varias referencias á estadía do político de Vilalba como embaixador en Londres e da obra do historiador Gibson foron dunha gran simpatía que se deixou sentir tamén nos discursos de ámbolos dous. Foi entrañable aquela edición da festa e tivo unha gran repercusión mediática que beneficiou á nosa vila.
Descanse en paz o expresidente da Xunta.

Morreu Don José Luis, que foi párroco de Pontecesures nos anos sesenta.

Aos 73 anos de idade, morreu o 14 de xaneiro José Luis Fuentes Fuentes, nado en Lema (Arzúa) que foi párroco de Pontecesures na década dos sesenta e que logo trasladouse a Caldas de Reis.
Na actualidade era párroco de San Martiño de Noia e Santa Mariña de Obre, e recibiu sepultura no día de hoxe no camposanto de Santa María a Nova de Noia.
Descanse en paz.

Subasta de flores en Carreiras.

Apenas acabaron de honrar a su patrón, San Xulián, en Pontecesures, los vecinos de Carreiras ya estaban ayer de fiesta otra vez. En este caso celebraron la fiesta de la Raíña dos Anxos. Comenzaron la mañana con alborada, a cargo del grupo folclórico Algueirada, escucharon misa y después asistieron a la “poxa de ramos”, una sigular subasta de flores para recaudar fondos para la fiesta. Por la noche desafiaron al frío en la verbena.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 15/01/12