Unha decena de comerciantes asistiron á reunión de hoxe. A oposición non foi convocada.

Dos 46 comerciantes convocados, uns 10 asistiron á reunión de hoxe na Casa do Concello de Pontecesures que durou aproximadamente uns 25 minutos, e onde se explicaron aspectos relacionados coa Mesa Local do Comercio.
Presidiu a sesión o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, e asistiron os tres tenentes de alcalde, Cecilia Tarela, Roque Araújo e Ángel Souto, e o técnico local de emprego, José Francisco Rodríguez Fructuoso. Non foi convidado ningún concelleiro da oposición.
Falouse dos posibles asuntos que pode tratar unha mesa deste tipo e que poden afectar aos comerciantes (por exemplo, zona azul, campañas de nadal de ventas, alumeado navideño para dinamizar as rúas comerciais, etc..) e de que o órgano a constituir tería unha ou dous reunións ao ano.
Informouse que os 46 comerciantes van ser convocados de novo para o día 3 de outubro co obxecto de elixir o seu representante na Mesa Local de Comercio que vai ser constituída antes de fin de ano.

EXITO DE PARTICIPACION NO I TORNEO DE 3×3 BASKET NA RUA CELEBRADO NA PLAZUELA ESTE PASADO SABADO

Este sábado 17 de setembro o C. B. Rio Ulla organizou en colaboración co Concello de Pontecesures o ??I Torneo 3 x 3 de Basket na Rua?. A data elexida foi polo inicio dunha nova temporada, a 2011-12, na que o club vai participar con 8 equipos federados.

Pero ó facer este torneo de basket o que pretendimos foi achegar este deporte ó pobo, e para elo, que mellor lugar que a Prazuela de Pontecesures, xusto en metade do pobo. Alí se instalaron 2 canastas e se marcaron uns campos onde disputar o torneo. E o público respondeu, pois nas mais de 6 horas de partidos, achegáronse bastantes persoas a presenciar este torneo. 

O número de equipos inscritos foi un éxito xa que na categoria A (ata 15 anos) houbo 6 equipos, e na B (+ de 16 anos) foron 16 equipos inscritos. Foron un total de 80 os participantes os que dende as 16 h. da tarde do sábado, ata as 22.30 da noite estiveron xogando case sen parar. Indicar que os últimos partidos se xogaron perfectamente con luz artificial duns focos instalados a tal fin.

Na categoria A os cesureños “X”, impuxeronse ó ??Villa Team??; e na categoria B  foron os ??Grandfather? os gañadores da final diante dos ??Cuñados?.

Colaboraron nos premios ademais do propio Concello de Pontecesures, as casas comerciais ??Casa Chaves? e ??HC Sport? de Pontecesures. Os premios foron:

Na categoria A: camisetas de recordo, 1 balon e 1 invitación á merenda donada por Casa Chaves.

Na categoria B: Un vale de 40 euros donado por HC Sport, e 1 invitación á merenda donada por Casa Chaves.

Ademais Cocacola serviu bebida para todos os participantes do Torneo.

Decir tamen que a participación dos equipos superou o ámbito local, pos chegaron equipos de Dodro, Valga, e 3 de Vilagarcia. Ademais había xogadores tamén de Padron, e Rois.

Dende o club queremos destacar a deportividade que reinou en todo o Torneo, mérito dos deportistas que acudiron, e queremos agradecer o interese posto nel tanto polo Concelllo de Pontecesures, coma os patrocinadores que nos apoiaron  (Casa Chaves, HC Sport, e Cocacola). Tamén o traballo de Protección Civil, que tivo que atender a 2 lesionados durante a tarde (unica nota negativa). Agradecer tamén o trabalo desinteresado dun grupo de antiguos xogadores e afecionados locais que axudaron na montaxe e desenrrolo do torneo.

Haberá que ir pensando en mellorar o Torneo con vistas ó vindeiro ano, e facer que participan tamén os nenos/as menores de 12 anos nunha categoria para eles/as.

Moitas grazas a todos/as pola colaboración e participación.

 Agora colgamosunhas cantas fotos deste torneo:

Sergio, Uxio, martín e David, integrantes do equipo “X” gañadores da categoría A, no momento da entrega dos premios, flanqueados por Gulli, do C.B. Rio Ulla, e por Roque Araujo, concelleiro de deportes.

Roberto, Santi e Pepi, integrantes do equipo “Grandfathers”, gañadores da categoria B.

 

Reiteración de petición para que a oposición estea presente na reunión de comerciantes de hoxe.

Logo de solicitar a vostede que se convidase aos integrantes das forzas da oposición á reunión cos comerciantes da localidade que terá lugar hoxe martes ás 21 horas no Salón de Sesións que é previa á constitución da Mesa Local do Comercio, observo pola súa contestación de data 16 de setembro (nº 1.507 de saída do 19 de setembro), que recibín no día de onte que seguimos sen estar convocados co argumento pouco claro de que a reunión só ten por obxecto que os comerciantes elixan o seu representente na mesa. Ademáis lémbranos aspectos da regulación do órgano a constituir tanto da Lei de comercio interior de Galicia como dun proxecto de decreto sobre o funcionamento destas mesas locales de comercio que aínda non foi aprobado.

Con respecto a súa constestación matizase o seguinte:

1.No texto da convocatoria dirixida por vostede aos comerciantes, nin se afirma nin se deduce que na reunión de hoxe vai ser realizada elección algunha do seu representante na mesa.
2.Afirmase sí no texto, que van ser tratados aspectos dos obxectivos das mesas de comercio para acadar un maior dinamismo e modernización do sector e para definir as actuación para realzar o comercio local en Pontecesures.

Por esta última cuestión, que previsiblemente orixinará un debate, é polo que se considera que os representantes da oposición deben de estar presentes na reunión informativa previa á reunión constitutiva da mesa do día de hoxe.

En consecuencia, reitérase a petición de que as forzas da oposición sexan convocadas para a reunión de hoxe. Queremos informarnos e aportar e parece que non nos deixan.

Pontecesures, 20/09/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

SR. D. MANUEL LUIS ÁLVAREZ ANGUEIRA
ALCALDE DE PONTECESURES