Vitoria pola mínima do Sol y Mar, e triunfo do JLL ante o A Casa Vella.

Sen cambios unha semana máis no Campionato de Fútbol 7 de Veteráns de Valga, co Cafetería Sol y Mar avanzando con paso firme cara o título ligueiro. Certo é que non sen ter que traballar no seu triunfo o pasado domingo ante o modesto Desigual: 1-0.
O JLL/Benjamín Ramos, inmediato perseguidor do líder, tampouco fallou, endosándolle un 4-2 ao A Casa Vella. Completan os marcadores da xornada 18: Elite Electricidad 2-0 A Redonda; Karymo Peluqueros 5-0 Extrugasa; Transporte Veiga/Bar O Belén 3-0 Bar Muelle; e Valdeza/Bar Juan 0-1 Joyería Riveiro.
Deste xeito, a clasificación aparece así: 1º Caf. Sol y Mar (43 puntos); 2º JLL/Benjamín Ramos (35); 3º Joyería Riveiro (32); 4º Karymo Peluqueros (31); 5º A Casa Vella (29); 6º Transportes Veiga (23); 7º Bar Muelle (20); 8º Valdeza (17); 9º A Redonda (11); 10º Desigual (9); 11º Extrugasa (8); e 12º Elite Electricidad (4).

LA VOZ DE GALICIA, 02/03/11

O sábado, 5 de marzo, Entroido dos locais de Pontecesures.

Organizan este Entroido os pubs C’est La Vie, Audrey, N’Black e Baila Conmigo, maila Discoteca Maty.
Os participantes disfrazados deberán percorrer na noite do sábado de Entroido os cinco locais co obxecto de recibir a puntuación do xurado. Alí faranlles unha fotografía e anotarán o nome.
Os premios son os seguintes:
Primeiro de grupos ou comparsas, 200 euros.
Primeiro de parellas. Cea máis estadía nun balneario.
Segundo de parellas. Estadía nun balneario (dúas persoas).