Onte e hoxe, un camión cisterna realizou diversos traballos en Pontecesures para limpar tubarías de alcantarillado e para eliminar atrancos. En concreto actuouse nas rúas Sagasta, Víctor García, San Lois, na Avda. de Arousa e no Telleiro.
Tamén estaba obstruída a fonte de San Xulián, fronte ao cemiterio parroquial. Houbo varias queixas de veciños pois é una fonte moi utilizada. Foron eliminados os atrancos que tiña coa actuación do camión cisterna e xa hoxe mana auga do cano. Parece que ultimamente as fontes están a dar problemas, pois hai uns días tamén foi arranxada a fonte coñecida como a de “Zabala”, a carón da N-550, que quedou sen auga por mor dunha obstrución con diversos materiais.
BALONCESTO: PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA
Pouco a pouco van empezando as ligas das distintas categorias de baloncesto.
Se a cadete masculina empezou hai 3 semanas, agora son os senior e as nenas cadetes as que empezan a competir. Así que mañá sábado pola tarde temos 2 partidos interesantes en Pontecesures, con entrada gratuita para o público. Os partidos desta fin de semana son os seguintes:
SENIOR ZONAL: SABADO 19.15 H., en Pontecesures, contra o C.B. Cuntis.
1ª xornada do campionato zonal.
CADETE MASCULINO: SABADO 17 H., en Pontecesures, contra o E.D.M. Estradense.
5ª xornada da liga previa de clasificación á liga galega.
CADETE FEMININO: DOMINGO H., en Pontevedra, contra o Arxil “B”.
Inicio da previa de liga galega, entre os 2 equipos que a van xogar. Eliminatoria a dobre partido, o partido de volta será o seguinte fin de semana en Pontecesures. Se o Arxil “A” mantén a praza de liga galega, e ten moitas posibilidades, o seu equipo B non podería optar ó ascenso, sendo as nenas do noso club as que xogarian o cruce definitivo por un posto na liga galega 2010-11 de categoría cadete
XUNIOR MASCULINO: AMISTOSO SABADO 12.15 H. en Santiago contra Peleteiro “B”.
Preparando o inicio da liga, previsto para principios de novembro, o equipo xunior vai xogar o 2º partido amistoso contra Peleteiro B, pois a semana pasada este equipo acudiu a Pontecesures, co resultado de 49 – 24 para os nosos, pero contando que Peleteiro tiña 4 asusencias de xogadores.
FUTBOL SA: O PONTECESURES C.F., LIDER DA CATEGORIA, XOGA EN POIO CONTRA O 2º CLASIFICADO
Mañá sábado ás 16.30 h. o Pontecesures C.F. xógase o liderado acadado tralas 3 victorias conseguidas noutros tantos partidos do torneo provincial de futbol sá. Mañá o equpo cesureño vai ter unha dificil proba xogando co 2º clasificado na súa casa, o Coprosider de Poio. O equipo non ten baixas, polo que vai ser unha boa proba para ver o nivel que poden dar non campionato.
La eliminación de la línea Vilagarcía-Santiago dejaría sin servicio de tren a 77.000 usuarios.
Un tren circula por la estación de ferrocarril de Pontecesures, una de las amenazadas por la supresión de la línea Vilagarcía-Santiago.
La posible supresión de la línea de ferrocarril entre Vilagarcía de Arousa y Santiago de Compostela, amenazada por la construcción del Eje Atlántico de Alta Velocidad, dejaría sin servicio de tren a unos 77.000 usuarios de este medio de transportes, según las cifras que maneja la plataforma ??Salva o tren?, que continúa con su campaña para evitar ya no sólo que este tramo de vía no sea desmantelado, sino que se utilice como base para crear una línea de cercanías que permita garantizar la movilidad de los ciudadanos que residen en localidades intermedias a las ciudades.
La puesta en servicio de la variante del AVE entre Vilagarcía y Osebe, que todavía está en construcción y se encuentra casi paralizada en algunos tramos por la falta de presupuesto, supondrá la desaparición de cuatro estaciones de ferrocarril las de Catoira, Pontecesures, Padrón y A Escravitude, ya que quedará en desuso la vía férrea convencional actual. ??La cifra de afectados directos por la nueva variante y que corresponde a estas cuatro estaciones es de 77.000 y en un ??visto y no visto? se verán privados del servicio?, advierte Fernando Gómez Camarero, coordinador del colectivo ??Salva o tren?, que añade que, ??si la sociedad gallega no lo evita se repetirá la historia de Portas y de otras catorce estaciones? del Eje Atlántico que a lo largo de los últimos años han ido quedando fuera de servicio: las de Meirama Picardel, Vila da Igrexa, Cerceda, bregua, Quieixas-Londoño, Gorgullos-Tordoia, Ordes, Garga-Trasmonte, Oroso, Berdía, A Sionlla, Casal, Vilagarcía Playa, Rubiáns y, la última, Portas. Por esta última dejaron de circular los trenes a mediados de julio de 2008, cuando el Ministerio de Fomento puso en servicio la variante del AVE construida entre Portela y Vilagarcía. Las movilizaciones vecinales y actos de protesta organizados durante los meses antes del cierre no fueron escuchados por la administración, que optó por eliminar el servicio alegando cuestiones como la escasez de usuarios con los que contaba la estación ferroviaria de Portas.
La plataforma ciudadana pretende evitar que vuelva a producirse ni un sólo cierre de estaciones en Galicia a consecuencia de la llegada de la Alta Velocidad. Sus reclamaciones no se dirigen exclusivamente al Ministerio de Fomento, que actualmente cuenta con todas las competencias en materia ferroviaria, sino también a la Xunta, a la que instan a crear un ente gestor del transporte ferroviario y a impulsar una red de cercanías en Galicia.
DIARIO DE AROUSA, 15/10/10
A obra de Carlos Bóveda une o Auditorio de Vilagarcía a Galicia e Arxentina.
A inauguración da mostra reuníu a autoridades e veciños no Auditorio.
O Auditorio de Vilagarcía acolleu onte a inauguración dunha mostra de Carlos Bóveda, un acto de recoñecemento ao traballo deste pintor, nado en Pontecesures e que viveu boa parte da súa vida (40 anos) en Arxentina, e que reuniu na capital arousá a persoalidades como políticos e alcaldes da comarca, ao cónsul arxentino, artistas e a víuva de Bóveda, Sara Paz.
A mostra, na que se amosan 21 cadros deste autor, enmárcase na programación do festival ??Son de Lúas. Cosquín en Vilagarcía? que comeza hoxe mesmo.
Carlos Bóveda naceu en Pontecesures. Pero foi en Arxentina onde desenvolveu boa parte da súa actividade. Coincidiu no país sudamericano con artistas do seu mesmo nivel, tamén galegos, aínda que estes acusaron a influencia da terra arxentina de acollida e variaron e entremesturaron os temas dos seus traballos, algo que a Carlos lle custou máis, pese a pintar durante un ano a vida das chabolas (que alí se denominan ??villas miserias??).
Comezou no mundo da creación con 15 anos, na cerámica Celta, de Pontecesures, onde deixou unha profunda pegada do seu xenio creador, como por exemplo a escultura da Lavandeira que, no ano 1995, os herdeiros e actuais propietarios de Cerámica Celta, lle atribuíron erroneamente a Asorey.
Simultáneamente co seu labor na cerámica de Pontecesures, participaba no incipiente movemento cultural que se estaba xestando na zona e que se traducía en rondallas, teatro, faladoiros, conferencias e demais actividades, que se materializaban no Ateneo do Ullán.
Con 29 anos emigra a Arxentina, onde Galicia seguirá estando moi presente na súa obra, anque o país sudamericano irá gañando cada vez máis peso na mesma.
Esta exposición enmárcase na programación de ??Son de Lúas. Cosquín en Vilagarcía?, un festival que arranca hoxe.
Son de Lúas > O festival folclórico de Cosquín (Arxentina), considerado como o máis importante de Latinoamérica, terá este ano por vez primeira na súa historia unha sede en Galicia. Será en Vilagarcía, no Auditorio, este fin de semana. Vilagarcía convírtese deste xeito na segunda cidade española, con Cádiz, en acoller unha extensión deste importante evento que, na súa última edición chegou a reunir a 120.000 persoas.
A xornada de mañá terá como protagonista ao charanguista Jaime Torres, indiscutible figura da música tradicional arxentina. A do sábado dará comezo cunha actuación do dúo formado polo gaiteiro Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras. Tras eles subirán ao escenario o pianista Juan Carlos Cambas , o grupo vocal femenino Aymamá, Mariana Cayón e Paola Bernal.
DIARIO DE AROUSA, 15/10/10
El “Audrey” de Pontecesures celebra su primer aniversario con humor y espectáculo.
Víctor Valga tiene También su faceta como empresario, al frente del pub “Audrey”, en Pontecesures. El local, situado en la rúa Sagasta, celebra mañana sábado su primer aniversario, con una fiesta que comenzará a las 23:30 horas y contará con números de humor y varios espectáculos. Lorenzo de Arcade, humorista finalista del programa televisivo “O rei da comedia”, romperá el hielo antes de que llegue la gran sorpressa de la noche, la actuación de la transformista Ashilley, Miss Gay Brasil 2005. El cantante Javier pondrá la nota musical con sus versiones de Los Secretos o Héroes del Silencio. Quienes asistan serán invitados a un cóctel y podrán participar en el sorteo de un viaje y lotes de productos cosméticos.
DIARIO DE AROUSA, 15/10/10