O senador do BNG, Pérez Bouza denuncia que o ministerio de Cultura aínda usa topónimos como “Puentecesures”.

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, denunciou esta mañá en rolda de prensa ??as barbaridades? que a Administración do Estado está a cometer coa toponimia oficial de Galiza con ??perlas do estilo de ??Junquera de Ambía?, ??El Bollo?, ??Poyo?, ??Monasterio de Osera?, entre outras moitas, e que achegamos nun arquivo.

Xosé Manuel Pérez Bouza puxo de manifesto que ??as reiteradas vulneracións da toponimia oficial de Galiza por parte do Estado é unha mostra clara e evidente da falla de respecto para con Galiza, para coa cidadanía galega xa que a nosa toponimia forma parte do patrimonio dun pobo?.

Explicou que ??é na páxina web do Ministerio de Cultura, en concreto, na fiestra pola que se accede ao Patrimonio Histórico e de aí aos Bens Culturais Protexidos, onde atopamos auténticas barbaridades na escrita dos nosos topónimos?. O senador do BNG sinalou que se parte de ??Orense? ou ??La Coruña? para logo cometer sinsentidos do tipo: ??PUente de Bibey?, ??Junquera de Ambía?, ??Ordenes?, ??Puebla del Caramiñal?, ??Villanueva de Arosa?, ??Caldas de Reyes?, ??Puentecesures?, ??Vivero?, ??Lorenzana?, entre outras moitas?.

MÁIS GALICIA DIÁSPORA, 20/09/10

Os concelleiros de Pontecesures teñen á súa disposición a Conta Xeral 2009.

Formulada a Conta Xeral de 2009, e de acordo co artigo 214.3 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, está a disposición dos membros da Comisión Informativa de Contas, Patrimonio e Contratación dende o día de hoxe, 20 de setembro, ata o día 7 de outubro co fin de emitir o informe preceptivo. O propio 7 de outubro, ás 16 horas, terá sesión esta comisión coa seguinte orde do día:

1. Acta anterior
2.Conta Xeral do exercicio de 2009.

A polémica da festa dos ovos con chourizo en Pontecesures.

O caso da festa dos ovos con chourizo de Pontecesures tivo unha historia moi peculiar. Esta celebración comezouse facendo en 1991 para recuperar a tradicional comida campestre que seguía ás actividades relixiosas de San Lázaro. Nin veciños nin restauradores estiveron nunca de todo de acordo con que a homenaxe gastronómica fose para este produto. «Esto no tiene sentido. Hacer la fiesta de los chorizos en Cesures, es igual que hacer la del marisco en Lalín y la del cocido en O Grove. Cada cosa tiene su lugar y Cesures debía buscar un producto autóctono para ofrecer a los romeros», sinalaba un restaurador.
Ao que fora alcalde de Pontecesures alá polo ano 1996, Victoriano Trenco Romay, tampouco chegou nunca a agradarlle esta celebración. De feito, o rexedor engadiu a súa extinción no programa de goberno que o levou a ser elixido primeiro edil.
Finalmente, a festa dos ovos con chourizo, desaparecía tamén nun clima discordante para dar a benvida á Festa da Lamprea, un produto típico da zona do Ulla que os veciños acolleron de bo grado por ser «verdadeiramente representativa de Pontecesures e da súa gastronomía».

LA VOZ DE GALICIA, 19/09/10

Cesures se sumará a la iniciativa de la Diputación para la recogida de perros abandonados.

El Concello de Cesures se sumará a la iniciativa que pondrá en marcha la Diputación de Pontevedra para crear un servicio supramunicipal de recogida de perros abandonados que funcione en los concellos de menos de 50.000 habitantes de la provincia.
El concejal Luis Sabariz considera muy interesante el proyecto «porque sempre contamos con dificultades para a recollida e depósito dos cans abandonados por non ter dependencias disponibles nin tampouco medios humanos», explicó el edil.

LA VOZ DE GALICIA, 19/09/10

Pontecesures reivindica a súa adhesión total ao área sanitaria de Santiago.

MOCI?N DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

“Xa hai moitos anos solicitouse á Consellería de Sanidade que a atención especializada que reciben os pacientes de Pontecesures pasasa a depender do Hospital Universitario de Santiago de Compostela, unha demanda que se aceptou e que permitiu incrementar a comodidade e a rapidez no desprazamento dos enfermos de Pontecesures para recibir atención especializada.

Dende ese momento os profesionais que traballan no Centro de Saúde de Pontecesures e os pacientes que acceden a ese espazo sanitario atopáronse cunha dualidade na atención dispensada; por unha banda, a atención especializada dependía directamente da Xerencia de Santiago, mentres que, por outra banda, o persoal sanitario de atención primaria e a inspección médica era competencia da xerencia sanitaria de Pontevedra.

Por este motivo, consideramos convinte que toda a xestión sanitaria que se leva a cabo dende o Centro de Saúde de Pontecesures (tanto a atención primaria como a especializada) dependa unicamente da área sanitaria de Santiago, o que suporía centralizar nun só lugar de referencia a realización de todos os trámites sanitarios, tanto no que respecta á atención especializada dos enfermos como a xestión e a coordinación dos profesionais que traballan no centro de saúde.

Polo exposto, solicitase ao pleno da corporación a adopción do seguinte acordo:

-Instar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para que todos os servizos sanitarios que se prestan na actualidade en Pontecesures (atención primaria, atención especializada, ademais da inspección médica que se fai dende Pontevedra) dependan da área sanitaria de Santiago de Compostela.”

Esta moción que será debatida no pleno ordinario de Pontecesures que terá lugar o 27 de setembro. Esperemos que coa integración da atención primaria na área de Santiago sexa creada con celeridade a praza do segundo facultativo de mediciña xeral que tanto precisamos no noso Centro de Saúde.