Ao estar apagado este alumeado na noite deste sábado, comunicouse a circunstancia á empresa que instalou o mesmo hai uns meses. Arestora (23 horas) xa está en funcionamento.
Os fallos deste alumeado central está a preocupar ao goberno local pois ya foron varias as ocasións nas que salta o limitador do cadro e as luminarias non se acenden. Todo indica que vai ter que facerse unha obra de separación da alimentación deste alumeado doutros existentes segundo fontes da empresa instaladora.
Hoxe, Sábado Santo, Vixilia Pascual na Igrexa.
Comezará ás 21:30 horas este acto da Vixilia Pascual. Ao remate, a parroquia ten organizada unha pequena festa de confraternidade no Centro Social de Pontecesures para celebrar a resurrección de Cristo. Degustaranse roscas de pascua por parte dos asistentes.
Tamén hoxe sábado, queda habilitado o pavillón como albergue de peregrinos.
Ata o de agora, un grupo de 26 peregrinos solicitou o uso da pavillón municipal para pasar a noite, esperándose que o número medre esta tarde. As tarefas de control da instalación e de información aos peregrinos que percorren o Camiño Portugués están a ser realizadas por Protección Civil de Pontecesures.
Actos de vandalismo en Pontecesures: Derruban sinais de circulación.
Na madrugada do Venres ao Sábado Santo, foron derrubadas duas sinais verticais de circulación, na intersección das rúas Portarraxoi e Deputación, e na rúa San Lois. Tamén foi derrubado o brazo dun semáforo circular de peóns de ADIF, no paso a nivel da Factoría, preto da estación de ferrocarril.
O Concello comunicou esta última incidencia a ADIF para o arranxo do semáforo, e vai presentar a denuncia dos danos no Cuartel da Garda Civil de Valga.



