Despois de que non asistira moita xente á degustación do chocolate con churros nas festas de Carreiras (todo un clásico das festas de inverno da zona) da derradeira edición, para este ano 2010 volverase a servir o chocolate con churros o sábado durante a verbena seguindo a tradición. A verdade é que nas noites de frío do inverno, o chocolate quentiño con churros fai entrar en calor a calquera.
Festas de Carreiras 2010.
SÁBADO, 9 DE XANEIRO.
-Pola mañá disparo de foguetes.
-Alborada pola charanga Apeles.
-Ás 12:30 h., misa cantada polo Coro da Armenteira.
-Despois da misa, poxa de ramos no Campo da Festa e sesión vermouth coa orquestra Abanico.
-Pola noite, gran verbena a cargo de Abanico e Suavecito.
-Á 1 da madrugada, servirase o chocolate con churros, de balde, no Campo da Festa.
DOMINGO, 10 DE XANEIRO. Festa dos rapaces.
-Ás 16 horas haberá inchables e touro mecánico a cargo de Diverneno, sendo a entrada e a participación de balde.
Será instalada unha carpa no campo da festa, e os organizadores agradecen a colaboración dos veciños, das casas comerciais, de Deputación Provincial e do Concello de Pontecesures.
Unha carroza con Papa Noel percorreu diversos lugares de Pontecesures.
Saiu dende a nave almacén da rúa Avelino Pousa Antelo sobre ás 11:30 horas do día de hoxe, 24 de decembro. Percorreu diversos lugares do municipio e as rúas centrais, botando caramelos aos nenos/as e maiores que ía atopando no camiño.
O domingo 3 de xaneiro, partido de solteiros contra casados na festa de Carreiras.
Será ás 16:30 horas no campo Ramón Diéguez de Porto. Os dous equipos estanse a preparar a fondo para acadar a victoria. Despois da primeira edición deste torneo que se celebrou ao ano pasado, hai un gran interese entre os solteiros e os casados de Carreiras por levarse o trofeo en disputa desta segunda edición.
A alcaldesa de Pontecesures felicita o Nadal no Diario de Arousa.
Coa ponte interporvincial ao fondo e cun poema de Manuel María, a alcaldesa Maribel Castro, en nome da corporación municipal, deséxalle a tod@s ós veciñ@s moitas felicidade e que se cumpran os seus anhelos.
O alcalde de Catoira reivindica o tren na súa felicitación de Nadal.
Alberto García felicita a todos e todas, co desexo dun 2010 cheo de ventura, e coa firme decisión de non aperarnos do tren do progreso.
No anuncio publicado no Diario de Arousa aparecen dúas fotos emblemáticas. A do tren de Varela e a da estación de Catoira ateigada de viaxeiros e a seguinte reivindicación. CERCANÍAS XA! SEN RETRASO!