Desde o responsable do BNG de Valga á edil de cultura.

Un dos principais atractivos da exposición é que todo o mundo quere recoñecerse a si mesmo, aos seus familiares, aos seus conveciños…? un momento para a nostalxia e unha oportunidade para descobrir como eran hai uns cantos anos persoas que na actualidade ocupan un cargo máis ou menos relevante, que son mías ou menos coñecidas no municipio ou nos concellos limítrofes, e de aí que os visitantes se conten por centos.
Deste xeito, os máis curiosos poderán xogar a atopar aos “famosos” do concello. Dous deles son o responsable local do BNG, Xosé Manuel Martínez López, máis coñecido como “Peque”, que aparece con moi pouca idade nunha fotografía cos seus pais, ou a concelleira de cultura Maricarmen Castiñeiras nuha fotografía de Primeira Comunion que tiña casi esquecida.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 16/12/09

Incorporación al patronato de la Fundación Rosalía, Padrón.

El patronato de la Fundación Rosalía de Castro se reúne hoy, a las 17.00 horas en A Matanza, con un orden del día en el que, además del informe de tesorería y la aprobación de las cuentas, se dará entrada a Anxo Angueira, en sustitución del fallecido literato y colaborador del Grupo Correo Avelino Abuín de Tembra. Además, se dará luz verde a los nuevos estatutos, que permitirán la entrada de representantes de la Xunta y Diputación en el órgano rector de esta fundación cultural, que preside Helena Villar.

EL COREO GALLEGO, 16/12/09

A igrexa de Herbón acolle un concerto do Coro dos Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia.

A igrexa do convento franciscano de Herbón, no concello de Padrón, acolle o venres a partir das oito e media da tarde un concerto do Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia. A actuación está organizada pola Asociación Sementar, que contou coa colaboración e financiamento da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, do Seminario Galego de Educación para a Paz, da sociedade cooperativa Viravolta (dedicada a intervención psicolóxica e social con sede en Cambados) e da Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade da comarca do Sar (Amipa).
Sementar quere que a colaboración destas entidades sirva tamén de adianto da presentación en público, a vindeira semana, dun proxecto común que vai ter a súa sede física no convento franciscano de Herbón e no que participarán todas elas.
En canto ao concerto, serve de clausura aos actos do oitavo centenario da fundación da orde franciscana en Herbón. O Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia está formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos e dirixido por José Luis Vázquez. No concerto de Herbón, estará acompañado pola pianista Isabel Gómez Alonso. A entrada ao concerto é gratuíta e as portas da igrexa permanecerán abertas dende unha hora antes do seu comezo para que as persoas interesadas poidan ver o nacemento que montou a asociación Sementar con pezas que se conservan dende moi antigo.

LA VOZ DE GALICIA, 16/12/09