Sabariz exige más iluminación en la glorieta de A Charca y que se canalice la lluvia.

El concejal de Relaciones Institucionales, Luis Sabariz, envió ayer un nuevo escrito a la directora xeral de Infraestruturas de la Xunta de Galicia, Isabel Vila Barbosa, en la que insiste en exigir soluciones a las retenciones de agua que se producen en la rotonda de A Charca debido a las obras de la PO-548.
“Ata este intre hai unha situación de inmobilismo que preocupa ó Concello e ós veciños da zona, que están en risco evidente de que a auga, tras rebosar a estrada, entre nas súas casas”. Las lluvias del domingo casi inundan el vial “e a auga continúa alí embalsada na cuneta sen que se adopten decisións”.
Es por ello que solicita quw “se resolva este problema dunha vez por todas para evitar todo tipo de riscos para peóns, condutores e titulares de vivendas da zona”.
Por otra parte, denuncia que la glorieta carece totalmente de alumbrado. “A visibilidade é nula e resulta realmente perigoso circular nestas condicións pola estrada autonómica”. Este hecho se ve agravado por que el viento mueve los elementos rojiblancos que forman la rotonda provisional y que se convierten en obstáculos en la carretera. “Como non hai alumeado, poden ocasionar un accidente de tráfico”, advierte el edil.
Finalmente insiste en la necesidad de construir aceras en los 500 metros correspondientes al término municipal cesureño, igual que se hizo en Valga. “A discriminación é evidente”, sostiene.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 08/12/09

Hai uns quince días días, tentaron entrar a roubar na Librería Cativos de Pontecesures.

Os ladróns forzaron na madrugada a verxa de entrada deste establecemento, situado nun dos baixos do edificio da Avda. de Vigo, nº 18 (Nacional N-550). Romperon logo un fixo de aluminio da parte baixa do anexo á porta de entrada, deixando un oco, pero aínda que por dito oco era posible a entrada dalgunha persoa delgada, o certo é que ninguén entrou, ignorándose as causas polas que os ladróns abandonaron o lugar sen entrar na librería.
O titular presentou a correspondente denuncia diante da Garda Civil.

Unión Fenosa recolocou a columna derrubada polo temporal na rúa dos Namorados de Porto.

O venres, 13 de novembro, por mor do temporal, caeu derrubado un vello poste de madeira de Unión Fenosa que estaba situado sobre unha beirarrúa da rúa dos Namorados de Porto.
No seu lugar instalouse por Elenor, empresa concesionaria da compañía eléctrica, un poste de formigón. En lugar de facelo no mesmo sitio (o poste estaba no medio e medio da beirarrúa dificultando o paso das persoas), desplazouse ata a extrema dunha parcela por solicitude do concello e coa autorización dos titulares do terreo.

O Dj valenciano Luis López, esta noite en Chanteclair.

Luis Lo

Hoxe luns, 7 de decembro, actuará á partir das 23:00 horas na sala de festas cesureñas o Dj Luis López.

Actualmente forma parte da equipa de Radio Djs de Máxima fm, a emisora Dance de maior éxito e crecemento en toda España.
Este valenciano de nacemento é un dos djs máis importantes no panorama nacional, tendo unha grande presenza nos medios a través de Máxima fm e das noites na illa de Ibiza.

Tamén entrou auga na nave de obras de Pontecesures.

Foi na noite do sábado para o domingo pasado. Ao estar os tubos da drenaxe da parte traseira obstruídos, entrou algunha auga na nave situada na rúa Pousa Antelo de Pontecesures.
A auga foi evacuada no día de hoxe, e non houbo danos aparentes, pero se veron afectados os labores que se realizan para preparar as carrozas da cabalgata de reis pois onte, practicamente, non se pudo taballar nese cometido. Nos vindeiros días laborais realizaranse traballos para garantir o correcto funcionamento da drenaxe da istalación.