La información sobre las as contas da Festa da Lamprea e a Feira do Automóbil facilitarase no pleno ordinario do 27 de xullo.

No día de onte, foi entregado por parte do concello a Cecilia Tarela, en representación do BNG de Pontecesures, o escrito que literalmente dí:

“”En contestación ao seu escrito con rexistro de entrada nº 1.217 de data 10/06/09, solicitando as contas detalladas da Festa da Lampra 2009 e da Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión, comunícolle que na sesión ordinaria do día 27 de xullo próximo se dará toda a información sobre os ingresos e gastos de ditas festas, aínda que estamos á espera de ter algún dato definitivo sobre subvencións

Pontecesures, 11 de xullo de 2009
A alcaldesa””

El BNG exige informes sobre las fiestas de la lamprea y del automóvil.

El BNG de Pontecesures pidió el 10 de junio que el gobierno tripartito le entregara las cuentas detalladas de la Festa da Lamprea y la Feira do Automóbil, celebradas los días 5 y 6 de abril. Transcurrido un mes desde la petición de informes “todavía no recibimos contestación alguna”, lamentan los nacionalistas. Ahora insisten en su demanda, aunque advierten que esta situación “demuestra la falta de transparencia del tripartito”.

FARO DE VIGO, 12/07/09

O clan das churrerías cesureñas.

Cando Ángel decidíu adicarse a vender churros, non podía imaxinar que inauguraba unha tradición que perdura cando xa van alá catro xeneracións

A historia que conta Josefina Jamardo Doce arrinca coma os bos contos, cun «hai moito, moito tempo». Pois iso. Hai moito, moito tempo, un home de Pontecesures bautizado como Ángel decidiu subirse a un camión dos daqueles anos e empezou a percorrer os pobos da redonda de feira en feira vendendo churros. «Non ía tan lonxe coma nós agora, que percorremos toda Galicia, pero aínda andaba», conta a súa neta. Ángel chegaba, por exemplo, a Pontevedra. Non faltaba nas festas da Peregrina. «Alí, chamábanlle Capitán Pirata, pero non sei porqué».
O negocio que o Capitán Pirata se decidiu a montar foi medrando e collendo forza. Con tanta saúde creceu que os fillos de Ángel non o dubidaron e desembarcaron todos na empresa familiar. Da churrería orixinal (foi a primeira que abríu en Pontecesures) saíu un bo feixe de vendedores de churros e de pulpeiros. Nas feiras, a rede tecida polos herdeiros de Ángel medrou aínda máis coa terceira xeración, a de Fina. Ela e os seus irmáns «unha vez que tivemos que buscar a nosa vida, fumos abrindo cada un unha churrería». Ao clan pertencen establecementos con nomes tan recoñecidos como Fina, Patricia, La Cesureña, Jamardo…
O luns, Pontecesures celebrou a Festa do Churro. E alí reuniuse o clan case ao completo. Por que a terceira non vai ser a última xeración de churreiros que dea o pau de todas estas astillas, Ángel. «Del hai fillos, netos e bisnetos a traballar nesto», conta Fina. No seu caso concreto, os seus fillos traballaron durante un tempo facendo churros, pero decidiron deixar o negocio «por que é duro e atoparon vida por outros lados». Unha vida alonxada das feiras e dos sofocos do verán, cando o aceite no que se friten os doces abafa. Dos fríos e das humidades dos invernos pasados por auga. Das noites sen durmir, das longas viaxes de pobo en pobo.
«Algo bo terá que ter», di a entrevistadora. «O que ten é que gustarche», sentencia Fina. E garante que o segredo para que os churros saian ben é «facelos con cariño». «Máis segredos non hai: levan auga, fariña e azucre. E aceite para fritilos, claro», explica. Esa mestura tan sinxela e tan de toda a vida segue a ser un doce apreciado en todas as feiras de Galicia.
Os novos produtos
«Cando o meu avó empezou nisto, o que facía era o churro tradicional», conta Fina. Para darlle guerra aos outros produtos que foron aparecendo no mercado, as novas xeracións de churreiros tiveron que modernizarse, e apareceron os doces recheos de crema, os cubertos con chocolate… «Pero o que se segue vendendo mellor, o que máis segue a gustar, é o churro de sempre», conta esta experta na materia. «Gústalle a todo o mundo. Aos nenos e as parellas xa entradas en anos que cando van á feira levan sempre anque sexa o seu euro de churros».
Fina está convencida de que a súa familia especializouse nun oficio que lle imprime carácter ás feiras e romarías galegas. «¿Qué feira hai que non teña un posto de churros e un posto de polbo? Se non os hai, parece que falta algo. A festa xa non é festa». A súa reflexión ten moito de verdade. Por iso, Fina pode presumir de formar parte dun deses clans que contribúen a facer das romerías e dos mercados galegos eses entornos case máxicos nos que pode pasar de todo.

LA VOZ DE GALICIA, 12/07/09

O xornalista cesureño “Borobó”, dá nome a un premio de artigos.

A Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela rende unha nova homenaxe a Raimundo García Domínguez “Borobó”, e faino con instauración dun premio que leva o nome do falecido escritor cesureño, todo un recoñecemento ao legado e ao labor realizado en vida polo promotor de “La Noche”. O certame, que está dotado con 4.000 euros e premiará ao autor dun artigo inédito, foi presentado esta semana coincidindo co aniversario do nacemento de “Borobó”, que o pasado venres cumpriría 93 anos. Ao acto asistiiu o seu fillo. Raimiundo García Paz, quen afondou na figura e o traballo xornalístico realizado polo seu pai e sinalou que a creación deste premio merecerá o agarimo eterno do seu pai. Manifestou que a instauración deste certame é “especialmente emocionante para a familia”, polo que expresou a súa gratitude ao colectivo de xornalistas de Santiago por esta fermosa homenaxe.
A presentación acodiron, así meso, o escritor Baldomero Cores Trasmonte, membro da Asociación de Xornalistas de Santiago e antigo colaborador de medios como “La Noche” ou “El Correo Gallego”, e tamén Benjamín Vázquez González. Ambos apuntaron que o obxectivo do premio e honrar a memoria e o labor xornalístico realizado por “Borobó” ao longo da súa vila. En palabras de Cores, con esta iniciativa ofréceselle “unha homenaxe viva e constante” a Raimundo, que por moito tempo foi tamén membro da súa asociación.
Como resultaba lócxico, a figura de Borobó, que finou en Santiago en 2003, estivo presente en todo momento. O seu fillo fíxose eco do exemplo que deixou o creador dos “Anacos” no xornalismo compostelán fundamentalmente durante a etapa na que dirixiu “La Noche” y “El Correo Gallego”. Destacou que a meirande parte do labor do seu pai “estaba adicada a Galicia e a Santiago” e considera que este premio axudará a “perpetuar a súa memoria no ámbito xornalístico”.
A primeira edición deste certame xa ten aberto o prazo de recepción dos artigos, que se prolongará ata o 10 de outubro. Poderán participar persoas maiores de idade de calquera nacionalidade, aínda que os traballos terán que que estar redactados en galego, de acordo coa normativa da Real Academia Galega. Terán que ser orixinais e inéditos. A temática é libre, aínda que no caso de empate, o fallo recaerá sobre o escrito que reflicta unha estreita vinculación entre Santiago e Galicia, ou ben trate sobre calquera aspecto compostelán. O gañador, ao que se considerará autor dunha “xoia digna de ser premiada co nome de Raimundo García Domínguez”, recibirá 4.000 euros.
A entrega de premios terá lugar na segunda quincena de outubro, no marco da I Xornada de Xornalismo de Opinión, que se desenvolverá en Santiago e na que intervirán representantes de diversas vertentes da opinión periodística.

“Arousa, un mar de cultura”. DIARIO DE AROUSA, 12/07/09

Los cesureños, Victor García Dominguez y Alfonso Soto, en la Peña “O Andén” de Santiago.

Los miembros de la Peña O Andén durante la comida de confraternidad. Vemos a Víctor de pie, con chaqueta granate y a Alfonso sentado (el útimo al fondo a la izquierda en la fotografía).

La Peña O Andén, formada por un grupo de amigos compostelanos que suelen encontrarse en la Estación de Tren, decidió celebrar su reunión anual en el restaurante Roma, donde degustaron suculentos manjares y hablaron de sus proyectos.

“Vida Social Gallega”. EL CORREO GALLEGO, 12/07/09

La Guardia Civil desmantela tres puntos de venta de drogas en Padrón y detiene a 19 personas.

La investigación comenzó a finales del 2008 y terminó hace unos días

Tras una investigación de meses, desarrollada entre finales de 2008 y principios de este año, agentes del Equipo de Delincuencia Organizada y Antidroga (EDOA) de A Coruña, en colaboración con otras unidades de la Guardia Civil, entre ellas la de Padrón, que prestaron su apoyo, culminaron con éxito un total tres operaciones distintas que permitieron «desmantelar» otros tantos puntos de venta localizados, principalmente, en la capital del Sar.
Como resultado, fueron detenidas varias personas, algunas de ellas de Padrón, al tiempo que las autoridades policiales se incautaron, según ha podido saber este periódico por fuentes de toda solvencia, de unos 700 gramos de cocaína y en torno a 3,5 kilogramos de heroína.
Los trabajos de investigación estuvieron apoyados, además, por intervenciones telefónicas autorizadas por el Juzgado de Padrón, de modo que concluyeron con la detención de varias personas que llevaban «largo tempo distribuindo estupefacientes na comarca do Sar e na do Baixo Ulla», de acuerdo con fuentes cercanas a la investigación.
Así, la primera operación se saldó en la capital del Sar con la detención a mediados del mes de mayo de cuatro personas, tres de ellas jóvenes vecinos de Padrón de 38, 33 y 32 años, además de una cuarta persona de 40 años apresada en Vilagarcía y que reside en dicha localidad pontevedresa. En esta misma operación, los agentes de la Guardia Civil incautaron, además, en torno a 40.000 euros y dos vehículos que, supuestamente, eran utilizados en el transporte de la mercancía ilegal.
Una mujer y dos hombres
La segunda operación se cerró también con varias detenciones en Padrón a finales de mayo pasado, en concreto tres personas jóvenes de 32, 29 y 37 años. La primera es una mujer y es de la localidad padronesa, mientras que el segundo es natural de Vilagarcía aunque reside en la capital del Sar y el tercero es del municipio arousano. En total, entre ambas operaciones la Guardia Civil incautó en total de 700 gramos de cocaína, aproximadamente.
Finalmente, la tercera operación montada, desarrollada a caballo entre las provincias de A Coruña y Pontevedra, concluyó semanas atrás con la detención de 13 personas, una de ellas del municipio de Padrón, concello que era uno de los «puntos álgidos de venta», en este caso de heroína, por parte de los detenidos, según fuentes cercanas a la investigación que, en todo momento, aseguran que las tres operaciones estuvieron muy bien «desarrolladas» y «trabajadas», con mucho tiempo de seguimiento por detrás.
Al parecer, Padrón era un «punto de enlace» para la venta de drogas, a camino entre la zona de Santiago y la de Vilagarcía.

LA VOZ DE GALICIA, 12/07/09